En mayo de 2013 cerró sus puertas, después de casi dos años abierta (abrió en noviembre de 2011).
Apostamos polo amor á arte e a alegría de vivir nestes tempos de crise. Queremos un proxecto con trasfondo filosófico e que impulse un foro de debate. A.dFuga preséntase coma un espazo dinámico e flexible onde conflúan distintas disciplinas, fomentando ó mesmo tempo o galego no ámbito artístico.
Non pretende ser unha iniciativa endogámica, senón xerar pontes de colaboración con outras entidades culturais e institucións que teñan o mesmo obxectivo.
Mediante unha combinación de arte emerxente con artistas cunha traxectoria máis consolidada, buscamos unha interrelación entre autores de distintas tendencias e puntos xeográficos. Respectar a liña creativa dos artistas e á súa vez o criterio do comisariado; é unha das nosas premisas, xunto co achegamento da arte contemporánea a todos os públicos.
Alentar o coleccionismo e o interese en potenciar a obra gráfica, o obxecto de autor, así como a escultura de pequeno formato. Simultaneamente ás propostas expositivas, a presenza na internet contribuirá á adaptación ós novos sistemas de mercado, cunha tenda na rede.
Convidámosvos a compartir con nosoutras o camiño que iniciamos neste Outono de 2011.
galería A.dFuga
© 2008 Arteinformado - Datos del Mercado del Arte: Artistas, Galeristas y Coleccionistas - arteinformado@arteinformado.com | Diseño Web: Buleboo
Actividad subvencionada por el Ministerio de Cultura