Exposición en Boiro, A Coruña, España

Adopta un Señor Importante. Retratos combustibles de Natasha Lelenco

Dónde:
La doce - espacio para el arte / Avd. Constitucion, 12 / Boiro, A Coruña, España
Cuándo:
17 dic de 2016 - 17 ene de 2017
Inauguración:
17 dic de 2016 / 18.30
Horario:
De Lunes a Sábado 10:00-14:00 Lunes a Viernes 16:30-20:30
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Teléfonos:
981972854
Descripción de la Exposición
Natasha Lelenco é unha artista que se move no mundo da fantasía, dos relatos, dos contos. Historias que se desencadean a partir de feitos, lendas, sentimentos e realidades. Nesta ocasión, os Señores e as Señoras Importantes de Lelenco, son unha colección de retratos imaxinarios a través dos que reflexiona sobre o efémero da vida, o azar e a insignificancia. Son retratos inspirados en personaxes que o relato histórico constrúe como protagonistas. Como dí a súa autora: “Hai referentes contextuais, hai anécdotas, pero apenas serven como punto de partida para un xogo que abordo con liberdade, deixándome levar entre a melancolía e o humor. Guíame a procura de patróns, a identificación de tipos definidos por modos de conduta, vicios, códigos de preferencias, valores, posicións ideolóxicas e erros. Interésame a idea da conciencia individual como espellismo. Os Señores Importantes encarnan ideas e sentimentos cos que ben nos podemos identificar ou recoñecer: a beleza, ... o eloxio da mocidade e da saúde, os cargos, os méritos, a soberbia, a vaidade, a arrogancia, o poder, as posesións… Todo aquilo que con frecuencia se emprega para embelecer o retrato e que, visto con distancia, e abordado desde unha certa idea de desarraigamento, finalmente, resulta absurdo, ridículo, fútil.” Sen embargo, este proxecto expositivo de Natasha Lelenco vai máis aló. O azar e o diñeiro (poder) filtran na sociedade e na historia o relato final que nos chega, escollendo aqueles personaxes que sobreviven ao esquecemento: emperadores e monarcas marionetas, sacerdotes farsantes, historiadores incultos, artistas ¨fillos de ...¨ e un longo etcétera. Da mesma maneira, os retratos feitos por Lelenco nesta ocasión permanecerán se son adoptados polos asistentes. Está na man dos visitantes da mostra, adoptar un dos personaxes creados pola artista. Os demais non sobrevivirán, arderán na próxima fogueira de San Xoán. Desta forma, a mostra “Adopta un señor importante” parte desa idea de desarraigamento, de distancia, compoñendo un mosaico de supostos individuos que son amosados como partes dunha mesma árbore, desde a perspectiva de que no fondo, por encima das razas, das épocas, das clases e doutras circunstancias, somos os mesmos e únenos o demérito de cometer sempre os mesmos erros. Os Señores e Señoras Importantes, son pezas individuais, ideadas e abordadas para alcanzaren a entidade que as iconas alcanzan nos fogares dos cristiáns ortodoxos ou os pósters dos ídolos nas habitacións dos fans adolescentes. Ou obxectos combustibles dispostos para alimentar o lume. Se queres salvalos da combustión, adopta!

 

 

Entrada actualizada el el 05 dic de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
26 mar de 2024 - 29 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones