Exposición en Pontevedra, España

El pliego / Le pli / The folder

Dónde:
Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Cuándo:
27 abr de 2017 - 02 jun de 2017
Inauguración:
27 abr de 2017
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición
Esta exposición colectiva é o resultado do 3º proxecto-encontro internacional de interacción gráfica e edición, O PREGO /dobre desdobrado, no que participaron 17 centros formativos e de investigación de 11 países, cun total de 224 obras en forma de prego de papel. Este proxecto tiña como obxectivo seguir promovendo a circulación cultural a través das fronteiras que permite a edición gráfica, multiplicación, versatilidade e transportabilidade, revalorizando o formato do libro a partir do seu módulo base, O PREGO. O espazo do PREGO supón un todo fraccionado en catro espazos distintos e solidarios, no que se establecen relacións de oposición, reflexividade, contigüidade, secuenciación… O prego, como o libro, ábrese e péchase, garda, amosa e esconde á vez. A unión de diferentes pregos entre eles forma un libro, dispositivo definido por esa zona de emerxencia e de encontro que é o prego, entendido como bisagra de desdobramento. Para este proxecto de carácter docente e ... investigador, reunimos unha selección de estudantes, docentes e artistas que se vinculan a talleres e grupos de investigación en arte gráfica e edición de diferentes universidades e centros de formación de diferentes países (Arxentina, Bélxica, Canadá, Dinamarca, España, Estados Unidos, Francia, México, Portugal, Serbia, Taiwán). Esta convocatoria dá continuidade aos proxectos internacionais anteriores “La Miniatura” (2010-12), “Comptines, Rimas polo mundo" (2014-15), que también foros presentados na Sala X. Invitamos a cada participante a intervir sobre ambas as caras dunha folla de papel pregada, utilizando técnicas gráficas e/ou outros recursos que xeran unha imaxe múltiple para a súa edición de tantos exemplares como centros participantes. A finalidade do proxecto é reunir e confrontar todos os pregos recibidos nun so gran libro sen encadernar. Este formato flexible posibilita diferentes combinacións, á maneira dun cadáver exquisito e facilita as exposicións dos pregos independentes en cada centro. No proxecto O PREGO formulamos unha nova maneira de compoñer unha obra, trazada desde a colectividade, a partir de propostas individuais. Unha creatividade onde 1+1 é moito máis que 2. O PREGO centra o seu interese na complementariedade de visións parciais. A organización dos pregos proponse como unha acción artística en se mesma, onde o proceso cobra un papel protagonista polo seu carácter activo de composición de lecturas. Para esta mostra intentamos definir unhas pautas de agrupamento e unha lóxica de secuenciación máis ou menos coherente. Os conxuntos enviados polos centros, buscando novas conexións con outras propostas afastadas, en relacións de afinidade ao contrario de contraste. Os pregos, aparentemente únicos no seu centro de orixe, descobren parentesco con outros do outro lado do océano. Vanse formando pequenas e grandes familias entre descoñecidos, parentes formais e conceptuais máis o menos próximos. Desde o grupo de investigación dx5, lanzouse unha semente cunha pregunta que aspira a non ter unha soa e única resposta. O interesante é o propio proceso de compilación e exhibición múltiple. Xa se iniciaron as presentacións e exposicións en diferentes países, cumprindo o noso obxectivo de comunicación e intercambio internacional que ofrece a idea fundamental de orixinal múltiple do proxecto.

 

 

Entrada actualizada el el 28 abr de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones