Exposición en A Coruña, España

Jorge Castillo. A visión dunha obra

Dónde:
Sede Afundación A Coruña / Cantón Grande, 8 / A Coruña, España
Cuándo:
20 feb de 2018 - 02 jun de 2018
Inauguración:
20 feb de 2018 / 19:00
Artistas participantes:
Documentos relacionados:
Descripción de la Exposición
A Sede Afundación A Coruña abre as súas portas a unha nova mostra de arte, «Jorge Castillo. A visión dunha obra». Do 20 de febreiro ao 2 de xuño goza dun dos grandes mestres da pintura contemporánea europea da segunda metade do século XX, un dos nosos artistas máis internacionais. A exposición reúne un conxunto de pezas, a maioría pinturas, que fan referencia e sitúan os diferentes intres creativos de Jorge Castillo entre 1952 e 2017. Máis de medio século de actividade continuada e incansable que reflicte a singularidade e independencia do seu universo. O imaxinario da súa obra céntrase no debuxo e nunha extensa variedade de proxectos que amosan o seu talento na pintura, o gravado, a ilustración, a escenografía ou o cinema. Castillo observa o mundo cunha destacada vea poética e unhas calidades narrativas que é quen de levar aos seus cadros. Figuras illadas ou en grupo, actores, clowns, naturezas ... mortas, paisaxes urbanas, plantas, animais, mesas desestruturadas, inmortalizadas en escenarios intemporais, cunha particular gama cromática, encádranse nunha atmosfera irreal, nun espazo transitable coa súa propia particularidade vital. Nesta mostra que percorre a súa obra poderemos deternos nalgúns dos seus momentos creativos máis sobresaíntes, marcados por unha personalidade inqueda e viaxeira. Diferentes cidades de Europa e América foron a súa casa por intres e as súas pinturas deixáronse querer por cada unha delas, foron un marco para a súa obra, entrando nela non só como meras paisaxes urbanas, senón tamén como entes culturais, históricos, artísticos ou literarios. Bos Aires, Madrid, París, Barcelona, Xenebra, Boissano, Berlín, Nova York, Xerusalén, Ibiza, Helsingborg conforman un conxunto contrastado de culturas e paisaxes que o artista integra no seu universo creativo, mais sen renunciar á súa esencia. As inquedanzas estéticas e tamén éticas de Castillo pódense percibir en cada etapa do seu traballo, que foi ferramenta de reivindicación, de protesta cara a situacións que afectan ás vidas das persoas, de realidades políticas e sociais. A faceta humana do artista sae a relucir nas súas creacións. Para este proxecto expositivo temos a sorte de contar coa magnífica axuda do propio Jorge Castillo, quen nos puxo ao alcance o seu obradoiro de Madrid, os seus recordos e vivencias, opinións sobre aspectos das súas etapas vitais ou as súas preocupacións actuais, reflectindo a súa intensa implicación e unha enerxía fóra do común. Deunos a posibilidade de presentar unha exposición cun valor histórico especial.

 

 

Entrada actualizada el el 20 feb de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan Avanzado

¡Posiciona tu galería o museo a través de nuestra plataforma!

  • Publica y promociona hasta 500 obras de tus artistas.
  • Contacta con tus clientes potenciales desde cada una de ellas ¡No cobramos comisiones!
  • Da mayor visibilidad a tus eventos o exposiciones ¡Te garantizamos un acceso destacado a todas ellas!
  • Accede al Algoritmo de ARTEINFORMADO y mantente informado sobre los artistas con mayor crecimiento en los últimos 5 años.
  • Conecta con la gente del sector como artistas o coleccionistas a través de sus perfiles.
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 23 mar de 2024

Kewenig Galerie - Palma de Mallorca / Palma, Baleares, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
17 feb de 2024 - 06 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones