Exposición en Lugo, España

Maruja Mallo. Vinte almas

Dónde:
Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Cuándo:
08 jun de 2017 - 03 sep de 2017
Inauguración:
08 jun de 2017 / 20:00
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Documentos relacionados:
Descripción de la Exposición
Maruja Mallo, José Vázquez Cereijo, Antonio Rodriguez Luna, Benjamín Palencia, Vlady Serge, José Caballero, Toyen, Luis Seoane, Eugenio Granell, Pablo Picasso, Joan Miró, Alberto Sánchez, Juan Ismael, Félix Fernández, David Catá, Montse Rego e Renata Otero Cando a Maruja Mallo lle preguntaron que visión tiña dos artistas do seu tempo, dixo de Picasso que era “o gran delator” do século XX e de Dalí que era “a figura surrealista, pero bastante vulnerable”. Non obstante, cando lle pediron que se definira a si mesma, utilizou unha expresión que xa empregara Ramón Gómez de la Serna para referirse á artista: que ela tiña “catorce almas”. Máis, aínda, tras habelas asimilado, a artista afirma ter vinte almas. O Museo provincial de Lugo e a Deputación provincial representan as raíces de Maruja Mallo como eixo facilitador e contedor dun importante legado da artista que xorde dunha estreita relación, provocada pola concesión da bolsa que levará a ... artista a ampliar a súa formación na capital do estado, provocando unha eclosión, non só creativa, senón de contacto coas figuras fundamentais da vangarda. En certo modo, Galicia sempre estivo presente nas súas obras: dende as Verbenas ata as Máscaras pode percibirse a sombra do fogar. Precisamente por iso, reúnense aquí tanto os traballos da artista como os dos seus amigos artistas e intelectuais máis próximos. Do mesmo xeito, préstase tamén especial atención a catro artistas do noso tempo que comparten lugar de nacemento con Maruja Mallo. Esta exposición acolle obras de artistas que foron claves na vida e na produción de Maruja Mallo, tales como Picasso ou Joan Miró —a quen Maruja Mallo considera un heroe que loitou polo seu traballo—, así como os seus compañeiros da Escuela de Vallecas, como Benjamín Palencia ou Alberto Sánchez; ata exiliados galegos como Luis Seoane ou Eugenio Granell. A mostra consiste nunha revisión da obra da artista a través de pezas que forman parte de coleccións galegas, sexan públicas ou privadas. Tendo en conta que a Fundación Eugenio Granell se conforma como un dos centros do surrealismo máis importantes, a nivel internacional e nacional, establécese un vínculo entre a proposta plástica de Maruja Mallo e moitas das obras que conforman a colección surrealista de Eugenio Granell. Neste senso, a exposición articúlase a través de obras de artistas coetáneos, como Alberto Sánchez (Mujer Castellana, 1975) ou Benjamin Palencia (sen título, 1935), cos que a artista de Viveiro compartiu experiencias e unha profunda amizade. Inclúese tamén un retrato realizado, en 1941, por Vlady Serge de André Breton, este último mercaría a súa grande obra Espantapájaros (1931). Por outra parte, inclúense pezas como Las dos hermanas (1934), de José Caballero; Tête de Faune (1962), de Pablo Picasso; Dos personajes (1934), de Antonio Rodríguez Luna; sen título (sen data), de Juan Ismael e a obra Composición (sen data), de Joan Miró. A muller xoga un papel fundamental dentro do panorama artístico da vangarda relacionando a contribución plástica de Maruja Mallo coa doutra artista que nace ao igual que Mallo, no 1902, trátase de Toyen, que viven as transformacións do seu tempo, onde o contexto da arte está dominado maioritariamente por homes. Eugenio Granell preséntase na mostra con pezas en homenaxe á propia Maruja Mallo: La sorpresa del trigo (1945) e o bosquexo desta, así como outro material documental sobre esta peza. Trátase dunha achega complementaria onde Mallo serve como referente inspirador do feito creativo. A relación dos dous artistas trae consigo amosar a carpeta de litografías Mallo que a artista realiza en homenaxe á Revista de Occidente, en cuxos salóns realizara a súa primeira exposición no 1928 e que Granell adquire para formar parte da súa importante colección surrealista. Esta nova lectura do traballo de Maruja Mallo nace dunha estreita relación interinstitucional, establecendo conexión co propio Museo Provincial de Lugo, a Fundación Abanca, Afundación ou a Fundación Luís Seoane. A mostra complétase coa achega de catro artistas contemporáneos, todos eles nados en Viveiro, ao igual que Maruja Mallo. Trátase dos proxectos de Montse Rego, Renata Otero, Félix Fernández e David Catá. Para rematar, a exposición contará cun destacado apartado documental a través de materiais pertencentes a distintas institucións galegas e coleccións particulares, destacando o importante legado de Vázquez Cereijo-Anne Nikitit.

 

 

Entrada actualizada el el 15 jun de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Club AI

Si amas el arte…¡querrás formar parte de nuestro club!

  • Organiza tus alertas sobre los temas que más te interesan: exposiciones, premios y concursos, formación… ¡Elige dónde, cómo y cuándo!
  • Entérate de todo lo que sucede en nuestros boletines de noticias.
  • Te mostramos la información que más se ajuste a tus preferencias.
  • Sigue a tus artistas, profesionales, galerías o museos favoritos. ¡Recibirás una notificación cada vez que actualicen contenido!
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 21 mar de 2024

Galería Elvira González / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
08 feb de 2024 - 09 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones