Exposición en A Coruña, España

Nas distancias curtas

Dónde:
Monty4 / Montroig, 4 / A Coruña, España
Cuándo:
10 feb de 2017 - 21 abr de 2017
Inauguración:
10 feb de 2017 / 20:30
Horario:
De lunes a viernes, 11:00 a 15:00 y de 17:00 a 20:00.
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Descripción de la Exposición
O venres 10 de febreiro, ás 20.30, inauguramos a exposición Nas distancias curtas de Correa Corredoira. Nesta exposición, e seguindo a pegada da súa excelente retrospectiva Os días Pintados na Fundación Luis Seoane, quixemos facer unha pequena antolóxica, en rexistro íntimo e de carácter doméstico, que complemente dalgunha maneira á institucional. O que buscamos é a proximidade entre a obra e o público no espazo da nosa galería. Nas distancias curtas componse de obras dende principios da década dos 80 ata o ano 2016. Dende as súas primeiras pezas, de gran forza expresionista e nas que prevalece un estilo abstracto e simbólico moi marcado, a obras de carácter máis figurativo nas que predomina o seu interese polo corpo humano. Pezas posteriores nas que se comprace na beleza da paisaxe e que transmiten a paz e o contento do seu amor pola pintura sen máis, e tamén obras con certo carácter literario ... que nos abraian coa súa capacidade para evocar historias na nosa imaxinación. Quixemos tamén mostrar a variedade de formatos e técnicas (collage, acuarela e óleo) que Correa utilizou durante toda a súa carreira, mostrando a súa capacidade creativa que non coñece límites nin restricións. O máis interesante desta mostra é que o estilo persoal de Correa Corredoira emerxe de entre esta mestura de técnicas, formatos, temáticas e cronoloxías. O que podería ser caos convértese en harmonía, e somos capaces de recoñecer o entusiasmo do artista en todas as súas obras. Correa Corredoira (A Coruña, 1952) é un artista total. Seducido pola poesía e a escultura, e totalmente entregado á pintura, a creatividade é intrínseca á súa forma de ser. A través do seu entusiasmo, do seu amor polas artes, e, por riba de todo, das súas obras cheas de sensualidade, de forza, de dor, de vida, de BELEZA, Correa ten a rara capacidade de devolvernos a fe no ser humano. Iniciouse no mundo da arte nos anos setenta, cando fundou xunto a Xaime Cabanas e Mon Vasco, La Galga, colectivo artístico de alma crítica e comprometida, a través do cal quixeron transformar a arte daquel momento. Artista (nas súas propias palabras) “todoterreno”, Correa experimentou dende o principio da súa carreira con diversas disciplinas artísticas: escultura, pintura mural e de cabalete, C/ MONTROIG 4 15001 A CORUÑA TEL. 881.968.519 www.monty4.com acuarela, collage, gravado, e tamén cerámica, disciplina que coñece no Centro de Estudos Cerámicos de Sargadelos no ano 1975. A súa viaxe a México en 1979, cunha bolsa do Ministerio de Cultura para estudar en profundidade a técnica do gravado, supón un antes e un despois na súa forma de entender a arte, que asume a partir dese momento como unha constante vital. A luz e a cor do trópico, a mitoloxía, a arquitectura e os rituais precolombinos producen un forte impacto nel, influenciando toda a súa obra posterior. Na década dos oitenta, época na que está moi influenciado polo expresionismo abstracto, continúa sendo un membro activo dos movementos da vangarda galega, formando parte do colectivo Atlántica, co que participou nas xa célebres mostras de Baiona, Madrid, Salvaterra de Miño e Compostela. Nesta década de actividade frenética constitúe, xunto a outros artistas coruñeses o emblemático GrupOrzán, fundamentado na vontade democratizadora do mercado artístico. Con este colectivo participa na edición de ARCO87, feira de arte na que tamén participará en anos sucesivos coa galería Trinta de Compostela. Dende a década dos noventa muda o seu taller a Vilar de Locrendes, que alterna co seu outro taller en Naveros (Cádiz). Este cambio de ambiente inflúe na súa temática, anteriormente máis centrada na figura humana, pasará agora a representar máis a miúdo a natureza a través de paisaxes, sobre todo de mariñas, que compón cunha plasticidade que se comprace no sensorial.

 

 

Entrada actualizada el el 03 abr de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 21 mar de 2024

Galería Elvira González / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
08 feb de 2024 - 09 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones