Exposición en Ourense, España

Penélope. Tecedoras de soños

Dónde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Cuándo:
22 feb de 2018 - 18 mar de 2018
Inauguración:
22 feb de 2018 / 20:15
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
PENÉLOPE. A OBRA DE RUTH LODEIRO Coa instalación Penélope a artista Ruth Lodeiro afonda na súa indagación sobre os mitos. O soporte e a idea nuclear que preside a súa obra está fortemente ligada a condición sexual, á reflexión sobre a identidade e ás relacións sociais e persoais. Mais lonxe de calquera maniqueismo, a obra da nosa artista admite a indecisión e mais a dúbida, que funcionan no conxunto das creacións como fío condutor, coa ligazón física co feminino como centro da obra, e con intensos referentes icónicos como vehículos transmisores da mensaxe alegórica. Pode sorprender a alusión á alegoría nunha artista contemporánea, mais non se debe entender nun sentido tradicional, xa que se ben a artista utiliza imaxes que nos lembran o mundo visual codificado nas artes plásticas e en especial certa iconografía que evoca o mito: redes, tecidos, úteros.. recreada pola artista en toda a serie de obras expostas, non se ... utiliza como explícita e directa alusión á opresión ou á indeterminación, senón como representación da negatividade e do convencionalismo que pexa a nosa existencia cotiá. Daquela, o que noutrora fora lembranza da fidelidade ás virtudes “femininas” e austera significación moral ou didáctica, tórnase agora expresión de todo o que anula a nosa capacidade de reflexión e de acción. As obras, construídas por medio de coidadas elaboracións cerámicas e ensamblaxes, serven á artista para afrontar o feito creativo como un intento de dar solución a un reto (plástico e temático) en que os motivos de intenso contido vivencial, lonxe de coartaren a liberdade formal, funcionan como liberadores e enriquecedores, como pulo para indagar na comprensión e na interpretación do mundo, producíndose, xa que logo, como na mellor arte, unha interrelación entre logros visuais e desenvolvemento temático. Toda a serie Penélope é un bo exemplo desta actitude, abisal e convulsa no conceptual, e dunha enorme pulcritude formal. En medio dese pulcro desacougo e desa reflexión que transmite toda a obra de Ruth Lodeiro aparece sempre o universo da muller e, así, o corpo –obxecto e suxeito da súa obra- remite nas súas diversas representacións a unha lectura das constantes da presenza do feminino na nosa cultura, tornándose en explícito territorio para a reflexión sobre a tradición e o presente. Un exemplo excelente é a instalación Penélope co corpo feminino, e os atributos ligados ao tear, unha obra ateigada da carga onírica e do pulo vital que o universo feminino transmite, conformándose como unha auténtica iconografía da diferenza. Desde o punto de vista conceptual, a obra de Ruth Lodeiro ten unha forte vontade de discurso, de carga semántica. Parte da estrita intimidade do eu e actúa entrelazando os temas, as obsesións da autora co silencio, co espazo baleiro, conseguindo daquela modular o sentimento coas pulsións que nunca son completamente representábeis na concreción plástica da obra. Mais o que si consegue é transmitir unha sensación que subxace detrás, no fondo da comunicación discursiva da obra. Ruth Lodeiro demostra que a arte sempre ten unha compoñente de pulsión e con temas como os presentes este aspecto fica aínda moito máis resaltado, co corpo e o eu cun protagonismo singular, como preocupación relevante, entendida desde toda a súa pluralidade, mais especialmente como fonte de reflexión sobre os diferentes roles e comportamentos desde o máis cotián ao máis transcendente. Ruth Lodeiro concibe a creación artística como unha volta á intimidade do eu, expresada nunha linguaxe plástica e reflexiva, desenvolvida e patentizada na totalidade íntegra da súa persoa. Consegue así reter o que se di a si mesma na soidade da súa intimidade pero que precisa e adquire todo o seu sentido como forma artística con vontade de comunicación. Ligado a este feito, podemos percibir un universo que evidencia os silencios, os ocultamentos, as veladuras, as dúbidas e a angustia do mundo feminino, como materia e fonte de creación autorreferenciada. Carlos L. Bernárdez

 

 

Entrada actualizada el el 13 mar de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan Avanzado

¡Posiciona tu galería o museo a través de nuestra plataforma!

  • Publica y promociona hasta 500 obras de tus artistas.
  • Contacta con tus clientes potenciales desde cada una de ellas ¡No cobramos comisiones!
  • Da mayor visibilidad a tus eventos o exposiciones ¡Te garantizamos un acceso destacado a todas ellas!
  • Accede al Algoritmo de ARTEINFORMADO y mantente informado sobre los artistas con mayor crecimiento en los últimos 5 años.
  • Conecta con la gente del sector como artistas o coleccionistas a través de sus perfiles.
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 21 mar de 2024

Galería Elvira González / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
08 feb de 2024 - 09 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones