Agenda de Arte

Tentativas críticas. Debates
Evento finalizado
17
feb 2017
06
may 2017

Compártelo en redes

Dónde: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) / Ramón del Valle Inclán, s/n / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo : 17 feb de 2017 - 06 may de 2017
Precio: Entrada gratuita
Dirigido a: Artistas, Organizaciones
Organizada por: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Enlaces oficiales Web 

Descripción de la Formación

Tentativas críticas. Debates é o núcleo discursivo e teórico do proxecto expositivo (Ex)posicións críticas, que se completa coa edición de tres números dunha revista onde, entre outros contidos e xunto coas intervencións dos participantes nas mesas, se publicarán os diálogos dos comisarios do proxecto con Jesús Palomino, María de Corral e Simón Marchán. En ningún caso deben entenderse como actividades paralelas ou complementarias, senón como elementos consubstanciais á exposición. Neste proxecto debe entenderse a complexidade como un todo orgánico, e todos os seus elementos como núcleos centrais independentes pero interdependentes e formando parte do conxunto. Nada é paralelo, todo é central. Cada elemento explícase a través da súa relación co resto. Por iso os debates e as discusións terán lugar nas propias salas da exposición. Sen separación, en contacto coas obras, e precisamente nunha das pezas que a conforman: Pabellón de luz (Light Pavilion) uns bancos realizados por Laboratorio de Luz (grupo investigador da Universidade Politécnica de Valencia posto en marcha por María José Martínez de Pisón, Trinidad García e Salomé Cuesta, entre outros) que configuran un hexagrama do I-Ching e que foron deseñados —aínda que finalmente non empregados por cuestións técnicas— para acoller uns debates en ARCO 93. Tentativas críticas é un conxunto de mesas redondas e publicacións que suscitan o debate e a produción de ideas co obxectivo de configurar un posible mapa do pensamento crítico actual na arte no noso país. Así pois, os debates teñen como obxectivo o presente e o futuro e, só de maneira contextual, o pasado e a memoria que recolle a exposición propiamente dita. O territorio do político é hoxe un foco de análise e creación artística. Desde posicionamentos teóricos —estudos visuais e de xénero, políticas de mediación etc.— xéranse liñas de investigación artísticas, a miúdo non ligadas á produción de obxectos ou aos circuítos habituais, senón ao cuestionamento dos papeis do artista, do espectador e da institución. A sociedade do espectáculo e as novas tecnoloxías producen novos roles e comportamentos. Os recortes afectaron profundamente o sector cultural. As tensións global-local non son só realidades xeográficas e sociais, senón tamén estruturas ideolóxicas e simbólicas. Cales son os referentes intelectuais sobre os que críticos, comisarios e artistas configuran o seu propio territorio persoal e social? Cales son as súas reflexións sobre o seu contexto profesional? En que medida a estetización do político anestesia a súa eficacia? Como abordar os cambios no tecido social e cultural que parecerían quedar fóra do radar da institución? Estas son algunhas das cuestións que se analizarán nestes encontros, que se celebrarán en tres xornadas durante a exposición. En total, dez mesas redondas que reunirán a máis de corenta artistas, críticos e comisarios españois, articuladas ao redor dos seguintes temas: TENTATIVAS CRÍTICAS 1 17 de febreiro 18:00 h Mapas mentais e liñas de investigación Dora García, Martí Manen, Isidoro Valcárcel Medina Modera: Juan Bosco Díaz Urmeneta Aborda os referentes intelectuais sobre os que os críticos e artistas configuran o seu propio territorio persoal e social. Ese mapa mental orienta as súas liñas de investigación. 18 de febreiro 11:00 h Disciplinas teóricas, teorías disciplinares Montse Badía, José Maldonado, Alberto Ruiz de Samaniego Modera: Luis Francisco Pérez Se hai un trazo distintivo de prácticas artísticas a partir dos anos setenta é o cuestionamento das disciplinas tradicionais e, con elas, da idea mesma de vangarda. Os anos noventa asistiron á progresiva consolidación doutras prácticas en novos medios, un deles a teoría mesma, e á aparición de liñas temáticas inéditas xurdidas de investigacións (im)puramente teóricas. 12:30 h O artista como crítico Concha Jerez, Rogelio López Cuenca, Juan Luis Moraza Modera: Alicia Murría O artista como crítico desde unha dobre perspectiva: a súa visión e xuízo crítico da obra, propia e allea, e do seu contexto profesional; e as súas reflexións —textuais, performativas— sobre a arte como instrumento de coñecemento na sociedade actual. TENTATIVAS CRÍTICAS 2 24 de marzo 16:30 h Políticas da beleza Juan Navarro Baldeweg, Miguel Fernández-Cid, Guillermo Pérez Villalta Modera: Óscar Alonso Molina O concepto clásico de beleza é seguramente o elemento máis cuestionado das últimas décadas no campo artístico. Con todo, non son poucos os artistas e críticos que manteñen un agudo compromiso co devandito concepto desde unha mirada ligada á experiencia contemporánea. 18:30 h Estetización do político Daniel García Ándujar, Mateo Maté, Fernando Sánchez-Castillo Modera: Jorge Luis Marzo Ben pode dicirse que nos inicios do século xxi o motivo predominante de análise e creación nunha maioría de artistas é o campo e territorio do político, que á súa vez experimenta o fenómeno que enuncia o título. En que medida esa estetización anestesia a súa eficacia política é o motivo de análise desta mesa. 25 de marzo 11:00 h Estéticas net-pop Ana Laura Aláez, Eloy Fernández Porta, David G. Torres Modera: Bea Espejo A xeración de novos roles e comportamentos, xurdidos da sociedade do espectáculo e as novas tecnoloxías, a miúdo sen proposta ou formulación político inicial, produce, con todo, cambios no tecido social e cultural que parecerían quedar fóra do radar da institución. As tensións xurdidas da intención de integrar na institución estas estéticas e o seu posible grao de resistencia abordaranse neste encontro. 12:30 h Territorio.Gal Suso Fandiño, Pablo Fanego, Manuel Segade Modera: Chus Martínez Domínguez No contexto galego producíronse grandes logros, que foron éxitos moi fráxiles, e desaxustes profundos, que deben ser abordados como conflitos desde a discusión e o debate: as dificultades dunha visibilidade fóra de Galicia, a conciencia do conflito da propia historia que marca unha ausencia discursiva e unha permanente presenza no contexto español, un clientelismo político transversal etc. TENTATIVAS CRÍTICAS 3 5 de maio 16:30 h Estéticas críticas Juan Albarrán, Juan Vicente Aliaga, Frederic Montornés Modera: Pedro Medina Desde posicionamentos teóricos —estudos visuais, de xénero etc.— xéranse liñas de investigación artísticas que cuestionan as políticas institucionais, sociais, e culturais, e empregan tanto as disciplinas tradicionais como as novas linguaxes. 18:30 h Crítica relacional Peio Aguirre, Darío Corbeira, Juan de Nieves Modera: José Manuel Costa Desde unha idea diferente dos procesos constitutivos das relacións estéticas, económicas e institucionais no campo artístico, xorden novas prácticas, non ligadas á produción de obxectos ou aos circuítos habituais, senón ao cuestionamento dos papeis do artista, o espectador e a institución. 6 de maio 11:00 h Global e local. Territorio e poder J. A. Álvarez Reyes, Javier Hontoria, María Virginia Jaua Modera: Pedro de Llano Neira Centro e periferia. Global e local. Non só realidades xeográficas e sociais, senón tamén estruturas ideolóxicas e simbólicas, que poden ser utilizadas como elementos de control ou de liberación. Os valores dos poderes económicos e institucionais fronte ao coñecemento dos cidadáns das súas necesidades e do medio —ecolóxico, cultural, e simbólico— que habitan. Armando Montesinos. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Castela-A Mancha. Desde 1989 é profesor da Facultade de Belas Artes de Cuenca (UCLM). Especialista en arte contemporánea, organizou máis de cen exposicións de artistas nacionais e internacionais, como comisario independente e como director da galería Fernando Vijande nos anos oitenta, e das galerías Juana Mordó e Helga de Alvear nos anos noventa. Entre 1983 e 1985 foi subdirector do programa de TVE La Edad de Oro, dedicado ás artes e á música. Publicou numerosos textos en catálogos, prensa e revistas especializadas. É membro do Consello de Críticos e Comisarios de Artes Visuais, do que actualmente é presidente. Mariano Navarro. Crítico de arte e comisario de exposicións. Desde 2005 a 2009 foi presidente do Consello de Críticos e Comisarios de Artes Visuais, asociación da que actualmente é vocal. Desempeñou o seu labor crítico en medios xornalísticos como El País, ABC, La Razón e, na actualidade, no suplemento El Cultural do xornal El Mundo. Colabora tamén en Artecontexto, Solar, Campo de relámpagos etc. Comisario de máis de cincuenta exposicións e autor do libro La luz y las sombras en la pintura española (Espasa-Calpe, Madrid, 1999). Ademais, desde o ano 2000, é membro do xurado do Premio Altadis, España / Francia, do que foi comisario nas edicións 2001 e 2006-2007. Guionista de programas culturais en televisión como Trazos, Imágenes, Tiempo de Papel y La Gran Galería, e colaborador das editoriais Espasa-Calpe, Anaya, Acento e Ediciónes B, entre outras. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. DIRECCIÓN: Armando Montesinos / Mariano Navarro COORDINACIÓN: Gema Baños

Actualizado

el 19 may de 2017 por ARTEINFORMADO

Contactar

¿Quieres contactar con el gestor de la ficha?

Descubre más obras en ARTEINFORMADO

No al aborto, 2014
Mari Carmen Gómez-Herranz d...
Trampa, 2014
Aimeé García
Compártelo en redes

¡En promoción!

25 sep de 2017 - 13 dic de 2017

La violencia y lo sagrado en el arte contemporáneo

Auditorio 200 - Edificio Nouvel - Museo Reina Sofia / Madrid, España

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

Más información

¡Suscríbase y reciba regularmente nuestro Boletín de Noticias del Mercado del Arte!

Suscribirme
volver arriba