Premio en Santiago de Compostela, A Coruña, España

VII Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2011

Premios / Dotación:
Lista de ganadores
Premio:
Un primer premio de 6.500 Euros, cuatro accésits de 1.500 Euros cada uno y un premio del público de 1.200.
Cuándo:
15 mar de 2011 - 23 sep de 2011
Dónde:
Santiago de Compostela, A Coruña, España
Inscripción:
Cerrada desde 23-09-2011
Organizada por:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción del Premio
El premio de esta edición ha sido para el vídeo Henry Hudson e o seu fillo de Federico Vladimir Strate Perdizc (Buenos Aires, 1983 - reside en La Coruña). Entre los 40 artistas seleccionados el jurado ha otorgado también cuatro accésits: Horacio González Diéguez por Sen título , Christian García Bello por Todo ardió luminoso, pero no es suficiente , Josetxu F. Cárcamo por El mentiroso de mi vecino y Jacobo Bugarín, por la instalación Sen título . El jurado ha estado formado por David Chao (crítico y profesor de Historia de Arte de la Facultad de Geografía e Historia da Universidad de Santiago), Silvia García (profesora e vicedecana de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra), Miguel von Hafe (director del Centro Gallego de Arte Contemporáneo), Agar Ledo (responsable de exposiciones del Museo de Arte Contemporáneo de Vigo), José Víctor Carou Fernández (director-gerente del Auditorio de Galicia) y Silvia ... Modia Ferreiro como secretaria.

-------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------

1- PARTICIPANTES

 

Poderán participar artistas, individual ou colectivamente, que nacesen ou residan en Galiza, menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

(No caso dos colectivos todos os membros deberán cumprir con este requisito)

 

2- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

 

a. Cada artista/colectivo poderá participar cunha soa obra (única ou como serie) realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación?). As obras deben ser orixinais e inéditas.

 

b. De comprobarse, en calquera fase do concurso, que as obras non son orixinais ou inéditas quedarán excluídas (incluíndo tamén a difusión ou publicidade a través de webs)

 

c. Deberán presentar toda a documentación que se require no punto 4.1.a

 

d. Todas as obras presentadas deberán especificar a forma correcta de exhibición.

 

3- MEDIDAS DAS OBRAS

 

a. As medidas das obras para pintura e fotografía non poderán exceder os 250 x 250 cm tanto se é obra única, como se se trata de un díptico ou unha serie.

 

Non serán admitidas as que estean protexidas con cristal. Admitiranse as protexidas con metacrilato ou similar.

 

b. As dimensións das esculturas non deberán exceder as dun cubo imaxinario de 150 cm de lado nin os 100 kg de peso.

 

c. No caso das instalacións, non poderán exceder de 250 x 250 cm de base e 150 cm de altura.

 

d. No caso de obras de videocreación, o artista debe enviar o vídeo orixinal coa documentación.

 

 

4- FASES DO CONCURSO

 

 

4.1- PRIMEIRA FASE: ELECCIÓN DAS OBRAS QUE FORMARÁN PARTE DA EXPOSICIÓN VALORANDO A DOCUMENTACIÓN QUE PRESENTEN AS/OS ARTISTAS

 

Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as obras sobre a documentación que presente a/o artista. Nesta fase NON se achegarán obras ORIXINAIS, a excepción de vídeos.

 

a. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

As/os artistas deberán proporcionar a seguinte documentación:

 

1. Fotocopia do DNI

2. Declaración de residencia (só en caso de que no DNI figure un lugar de nacemento ou enderezo de fóra de Galiza)

3. Enderezo postal, correo electrónico e teléfonos de contacto

4. Nome artístico ou pseudónimo co que desexa figurar no catálogo

5. Fotografía persoal* (o Auditorio reservarase o dereito de reprodución)

6. Fotografías da obra* que se presenta en formato dixital con calidade para a súa reprodución (300 ppp en JPG) na que se indicará posición.

7. Ficha técnica completa da obra* (título, data, técnica e medidas)

8. Currículo resumido* que non exceda as 20 liñas (en galego)

9. O artista poderá achegar expediente artístico con fotografías doutras obras ou información sobre o seu traballo.

10. Texto explicativo* en galego -non superior ás 20 liñas- da obra que presenta ao concurso (o Auditorio reservarase o dereito de reprodución)

11.Valoración económica da obra para os efectos de seguro de estancia

 

 

*Presentar tamén copia en formato dixital con soporte en CD.

 

De toda a documentación debe xuntarse copia impresa en papel.

 

 

b. ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN

 

As/os artistas deben enviar a documentación antes das 14.00 horas do venres 23 de setembro de 2011.

 

Admitirase por correo a documentación selada en oficinas de correos até o día 23 de setembro incluído.

 

Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada.

 

 

A documentación deberá enviarse ao seguinte enderezo:

 

DEPARTAMENTO DE EXPOSICIÓNS

Ref. Sétimo Premio Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Avda. do Burgo das Nacións, s/n

15705 Santiago de Compostela

 

 

c. SELECCIÓN

 

Unha vez recibida a documentación, o xurado fará a selección, entre os dossieres presentados. Os artistas seleccionados formarán parte da exposición e da publicación.

 

4.2 SEGUNDA FASE: ENVÍO DE OBRA ORIXINAL

 

 

a. PRAZO E CONDICIÓNS DE ENTREGA DAS OBRAS SELECCIONADAS

 

1. O Auditorio de Galicia porase en contacto coas e cos artistas que se seleccionen para indicarlles o período de recepción das obras, que non serán aceptadas nin antes nin despois da data previamente acordada.

 

2. Os gastos de embalaxe e transporte das obras, ida e volta, correrán a cargo da/o artista, que as poderá enviar por calquera medio de transporte ou presentándose persoalmente para depositalas no Auditorio de Galicia.

 

3. Todas as obras deberán estar embaladas. O Auditorio de Galicia non se responsabilizará do seu deterioro por unha embalaxe ou transporte non adecuado. Deberán estar protexidas para a seguridade na súa manipulación.

 

4. O Auditorio de Galicia emitirá unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante a súa estancia na sala de exposicións; non se fará responsábel dos posíbeis riscos durante o transporte. En caso de que no desembalaxe se detecte algún desperfecto non se considerará responsabilidade do Auditorio.

 

5. O Auditorio de Galicia porá o máximo celo no coidado das obras recibidas.

 

6. En ningún caso se aceptarán obras en mal estado.

 

7. As/os artistas deberán achegar todos os elementos necesarios para a correcta instalación e exposición das obras. No caso de que algún elemento non sexa proporcionado polo artista, este deberá proporcionar opcións ou adaptarse aos elementos que o Auditorio estea en condicións de proporcionarlle.

 

8. En caso de instalacións, as/os artistas estarán obrigadas/os a asistir á montaxe da súa obra, se o Auditorio de Galicia o requirise, nunha data que se acordará entre ambas as partes.

 

b. LUGAR DE ENTREGA

 

As obras participantes recibiranse no Auditorio de Galicia, Avda. do Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela, nas datas que se indicarán ás/aos artistas seleccionadas/os, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30 h.

 

5. EXPOSICIÓN

 

As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará no ano 2011.

 

6. DEVOLUCIÓN DAS OBRAS

 

1. Finalizado o período expositivo, as obras poderán ser retiradas no mesmo lugar de recepción, nunha data previamente acordada.

 

2. O Auditorio de Galicia non se fará responsábel da conservación das obras non retiradas.

 

7. XURADO

 

O xurado estará composto por:

 

Don Isaac Díaz Pardo, artista e empresario

Don David Chao Castro, crítico e profesor de Historia da Arte, Facultade de Xeografía e Historia, USC

Dona Silvia García, vicedecana Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Dona Agar Ledo Arias, Responsable de exposicións do Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Don Miguel von Hafe, director Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC

 

 

Presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia ou persoa en que delegue como presidente deste xurado

Director-xerente do Auditorio de Galicia ou persoa en quen delegue, que actuará como secretaria/o deste xurado

 

 

O Auditorio de Galicia resérvase o dereito de substituír algún dos membros do xurado en caso de que algún deles non puidese asistir ás deliberacións.

 

A resolución final do xurado farase pública no acto inaugural da exposición.

 

A decisión do xurado será tomada por maioría absoluta e é inapelábel.

 

8. PREMIOS

Os premios serán os seguintes:

 

-Un primeiro premio dotado con 6.500 euros.

-Catro accésits dotados con 1.500 euros cada un.

-Estabelecerase tamén un premio do público, resultado da votación das persoas asistentes á mostra, dotado con 1.200 euros.

 

Os premios quedan sometidos ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) de acordo coa lexislación vixente.

 

9. ACEPTACIÓN DAS BASES

Os/as artistas seleccionados/as autorizarán a citación do seu nome así como a reprodución gráfica da súa obra para calquera tipo de difusión ou publicación que o Auditorio de Galicia estime oportuno facer dela.

 

A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases e a conformidade coa decisión do xurado.

 

A organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nas presentes bases, sempre que supoñan melloras que afecten directamente ao éxito do certame.

 

O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún ou todos os premios.

 

A interpretación das bases é cometido exclusivo dos membros do xurado.

 

10. INFORMACIÓN

Máis información nos teléfonos 981 574 153/981 552 290 ou no seguinte enderezo electrónico: exposicions@auditoriodegalicia.org

 

 

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todos los premios y concursos que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de premios

Plan Avanzado

¡Posiciona tu galería o museo a través de nuestra plataforma!

  • Publica y promociona hasta 500 obras de tus artistas.
  • Contacta con tus clientes potenciales desde cada una de ellas ¡No cobramos comisiones!
  • Da mayor visibilidad a tus eventos o exposiciones ¡Te garantizamos un acceso destacado a todas ellas!
  • Accede al Algoritmo de ARTEINFORMADO y mantente informado sobre los artistas con mayor crecimiento en los últimos 5 años.
  • Conecta con la gente del sector como artistas o coleccionistas a través de sus perfiles.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
13 abr de 2024 - 25 may de 2024

Galería Elba Benítez / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
26 mar de 2024 - 29 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todos los premios y concursos que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de premios