Exposición en Pontevedra, España

Virxilio Vieitez

Dónde:
Museo de Pontevedra - Edificio Fernández López / Rúa Pasantería, 10-12 / Pontevedra, España
Cuándo:
10 dic de 2015 - 07 feb de 2016
Inauguración:
10 dic de 2015
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición
As salas de exposicións temporais do Sexto Edificio acollerán, desde o 10 de decembro deste ano ata o 7 de febreiro de 2016, a exposición Virxilio Vieitez, na que se reúnen ao redor de 120 obras do fotógrafo grazas á retrospectiva coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e Fundación Telefónica, que remata a súa itinerancia no Museo de Pontevedra. O arquivo de Virxilio Vieitez conforma un importante patrimonio cultural conservado en Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra), o pobo onde o fotógrafo naceu en 1930, onde morreu en 2008 e onde traballou case toda a súa vida. A súa filla, Keta Vieitez, foi a primeira en comprender o incalculable valor histórico e artístico do material fotográfico do seu pai, que expuxo por primeira vez nunha mostra autoproducida e presentada en 1997 nun espazo improvisado de Soutelo. O estudo realizado nesta ocasión, grazas ó MARCO e á Fundación Telefónica, tivo en conta ... a práctica totalidade dos negativos que van de 1953 a 1980. Analizáronse máis de 50.000 e recuperouse material inédito. Virxilio Vieitez sempre realizou as súas fotografías por encargo, percorrendo Terra de Montes ó longo e ó ancho para fotografar ós seus clientes a domicilio. A súa obra reúne todas as características do fotógrafo rural que documentaba acontecementos e momentos vitais das persoas e familias da súa contorna -desde bautizos ata vodas, primeiras comuñóns ou funerais- pero, a diferenza doutros, tiña un talento especial para conferir solemnidade a cada un dos retratos que realizaba. O seu estilo era inconfundible. Posuía unha capacidade e unha intuición extraordinarias á hora de expor a posta en escena, na que incluía obxectos e suxería poses que ás veces rozaban o surrealismo pero que, a pesar diso, convertíanse logo en fragmentos de verdade, fortemente enlazados coa contorna. O seu papel de fotógrafo de pobo naqueles tempos -de finais dos anos cincuenta ós setenta- gozaba de gran prestixio e encaixaba perfectamente no carácter dun personaxe especial como Vieitez: intelixente, rápido, competente, instintivo e consciente das súas facultades. Daba ordes ós seus modelos cunha firmeza que non admitía discusión e cunha lucidez que garantía o resultado. "Eu estudaba a papeleta e, cando apertaba o disparador, iso era o tiro seguro". Virxilio Vieitez non desperdiciaba un disparo, era un profesional máis que fiable, unha aposta segura para os seus paisanos da provincia de Pontevedra. Dos primeiros retratos de estudo -segundo ditaban os costumes da época- ós que ambientaba ó aire libre, os seus preferidos; das reportaxes de cerimonias ás fotos de tamaño carné para o DNI -unha sucesión interminable de rostros, inmortalizados durante os anos en que se fixo obrigatorio o carné de identidade- e ata os retratos para enviar ós moitos familiares emigrados: Vieitez rexistraba todo iso conferindo un carácter hierático a cada pose, e o conxunto das súas imaxes ofrece hoxe un excelente testemuño etnográfico, que se converte en memoria dun pobo e dunha época.

 

 

Entrada actualizada el el 17 dic de 2015

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
13 abr de 2024 - 25 may de 2024

Galería Elba Benítez / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones