Exposición en Pontevedra, España

XVIII Bienal de Cerveira: Uma seleção

Dónde:
Universidad de Vigo - Facultad de Bellas Artes de Pontevedra / Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Cuándo:
26 nov de 2015 - 12 feb de 2016
Inauguración:
26 nov de 2015 / 13:00
Descripción de la Exposición
“Mirar o pasado para construír o futuro” foi o tema da XVIII Bienal de Cerveira, que se desenvolveu dende o 18 xuño ata o 19 setembro de 2015, en Vila Nova de Cerveira (Portugal), para presentar cerca de cincocentas obras de catrocentos artistas de trinta e tres países. Pretendeuse, coa organización da bienal de arte máis antiga do país, identificar os saberes e tradicións da rexión, para presentar solucións de identidade contemporánea, conducentes a unha aposta polo diálogo dos artistas creadores coa historia e o coñecemento dos medios onde se inscriben xeograficamente. A Dirección Artística da Bienal estivo a cargo de Henrique Silva. Nesta mostra, producida en colaboración entre a Sala X e a Bienal de Cerveira, preséntase unha selección de obras dunha ducia de artistas de nacionalidade española e portuguesa, como proba das diversas opcións estéticas que dominaron na última edición deste evento, e cuxa raíz cultural é moi próxima ... pola súa situación xeográfica. A Bienal Internacional de Arte de Cerveira Os trinta e sete anos de vivencia con creadores de todas as disciplinas artísticas, deron á Bienal de Cerveira a capacidade de reflectir a evolución do pensamento e da produción contemporáneos, en especial no eido da imaxe e da comunicación, tanto no seu aspecto de vivencia a través dos novos conceptos de materiais arquitectónicos, como da transparencia dos métodos e propostas dos creadores nas súas produccións artísticas presentes nas dezaoito edicións da Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Esta mostra pretende ser, en primeiro lugar, un testemuño da complementaridade das varias disciplinas artísticas e dos medios de expresión que as materias permiten para a concreción de proxectos conducentes a unha maior expansión do emprendemento. Nesta liña xurdiu a creación dunha Fundación e dun Museo de Arte Contemporánea na cidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira. Artistas presentados: Laura Alvarez Conde, Diego Benéitez, Paula Branco Pereira, Kako Castro Muñiz, Salomé Nascimento, Isabel Padrão, Lara Pintos, Joana Rego, Ana Soler Alfonso Vicente Rey, Alberto Vieira y Alvaro Queirós.

 

 

Entrada actualizada el el 25 nov de 2015

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Club AI

Si amas el arte…¡querrás formar parte de nuestro club!

  • Organiza tus alertas sobre los temas que más te interesan: exposiciones, premios y concursos, formación… ¡Elige dónde, cómo y cuándo!
  • Entérate de todo lo que sucede en nuestros boletines de noticias.
  • Te mostramos la información que más se ajuste a tus preferencias.
  • Sigue a tus artistas, profesionales, galerías o museos favoritos. ¡Recibirás una notificación cada vez que actualicen contenido!
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 23 mar de 2024

Kewenig Galerie - Palma de Mallorca / Palma, Baleares, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
17 feb de 2024 - 06 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones