Descripción de la Exposición
Esta exposición é un proxecto do Parlamento de Galicia que conta coa colaboración de La Voz de Galicia e Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a coordinación de Aser Álvarez. A mostra reúne unha selección de 230 viñetas políticas elaboradas por Siro López para La Voz de Galicia entre os anos 1985 e 2006 nas que se recordan os momentos de maior transcendencia política de Galicia e os seus protagonistas, xunto coas páxinas do xornal nas que no seu día apareceron publicadas. Ademais, tamén se exporán pezas relativas á primeira lexislatura autonómica (1981-1985) e unha decena máis de debuxos inéditos sobre os últimos anos da política galega.
A mostra quedará aberta ao público na Sede Afundación de Ferrol ata o vindeiro 21 de maio, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e os sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h.
Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España