cartel 1
Evento finalizado
17
dic 2016
17
ene 2017

Compártelo en redes

Cuándo: 17 dic de 2016 - 17 ene de 2017
Inauguración: 17 dic de 2016 / 18.30
Horario: De Lunes a Sábado 10:00-14:00 Lunes a Viernes 16:30-20:30
Precio: Entrada gratuita
Dónde: La doce - espacio para el arte / Avd. Constitucion, 12 / Boiro, A Coruña, España
Organizada por: La doce - espacio para el arte
Artistas participantes: Natasha Lelenco
Enlaces oficiales Facebook 
Teléfonos: 981972854
Etiquetas:
Publicada el 05 dic de 2016      Vista 221 veces

Descripción de la Exposición

Natasha Lelenco é unha artista que se move no mundo da fantasía, dos relatos, dos contos. Historias que se desencadean a partir de feitos, lendas, sentimentos e realidades. Nesta ocasión, os Señores e as Señoras Importantes de Lelenco, son unha colección de retratos imaxinarios a través dos que reflexiona sobre o efémero da vida, o azar e a insignificancia. Son retratos inspirados en personaxes que o relato histórico constrúe como protagonistas. Como dí a súa autora: “Hai referentes contextuais, hai anécdotas, pero apenas serven como punto de partida para un xogo que abordo con liberdade, deixándome levar entre a melancolía e o humor. Guíame a procura de patróns, a identificación de tipos definidos por modos de conduta, vicios, códigos de preferencias, valores, posicións ideolóxicas e erros. Interésame a idea da conciencia individual como espellismo. Os Señores Importantes encarnan ideas e sentimentos cos que ben nos podemos identificar ou recoñecer: a beleza, o eloxio da mocidade e da saúde, os cargos, os méritos, a soberbia, a vaidade, a arrogancia, o poder, as posesións… Todo aquilo que con frecuencia se emprega para embelecer o retrato e que, visto con distancia, e abordado desde unha certa idea de desarraigamento, finalmente, resulta absurdo, ridículo, fútil.” Sen embargo, este proxecto expositivo de Natasha Lelenco vai máis aló. O azar e o diñeiro (poder) filtran na sociedade e na historia o relato final que nos chega, escollendo aqueles personaxes que sobreviven ao esquecemento: emperadores e monarcas marionetas, sacerdotes farsantes, historiadores incultos, artistas ¨fillos de ...¨ e un longo etcétera. Da mesma maneira, os retratos feitos por Lelenco nesta ocasión permanecerán se son adoptados polos asistentes. Está na man dos visitantes da mostra, adoptar un dos personaxes creados pola artista. Os demais non sobrevivirán, arderán na próxima fogueira de San Xoán. Desta forma, a mostra “Adopta un señor importante” parte desa idea de desarraigamento, de distancia, compoñendo un mosaico de supostos individuos que son amosados como partes dunha mesma árbore, desde a perspectiva de que no fondo, por encima das razas, das épocas, das clases e doutras circunstancias, somos os mesmos e únenos o demérito de cometer sempre os mesmos erros. Os Señores e Señoras Importantes, son pezas individuais, ideadas e abordadas para alcanzaren a entidade que as iconas alcanzan nos fogares dos cristiáns ortodoxos ou os pósters dos ídolos nas habitacións dos fans adolescentes. Ou obxectos combustibles dispostos para alimentar o lume. Se queres salvalos da combustión, adopta!

Actualizado

el 05 dic de 2016

Contactar

¿Quieres contactar con el gestor de la ficha?

Descubre más obras en ARTEINFORMADO

{{ artwork.title | limitTo:16 }}, {{ artwork.year }}
{{ artwork.artistName | limitTo:28 }}
Compártelo en redes
06 jun - 25 sep
Concurso en Logroño, La Rioja, España
ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

Más información

¡Suscríbase y reciba regularmente nuestro Boletín de Noticias del Mercado del Arte!

Suscribirme
volver arriba