Descripción de la Exposición
A Sala de exposicións do Centro Cultural (avda. Rosalía de Castro, 14) acollerá a inauguración da exposición fotográfica «Auga. O sangue da terra», de Manuel Valcárcel. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de A Guarda, ABANCA e Afundación e ao acto de inauguración acudirán o alcalde, Antonio Lomba; o director Territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores.
A exposición «Auga. O sangue da terra» realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a cunca do lucense río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a importancia da auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia da auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas. Esta mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o vindeiro 12 de xaneiro, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 h y de 17.00 a 20.00 h e os sábados de 10.00 a 13.00 h.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
Exposición. 07 jun de 2024 - 06 jul de 2024 / Fundación Curros Enríquez - Casa dos Poetas / Celanova, Ourense, España
Exposición. 01 dic de 2021 - 03 ene de 2022 / Centro Conserveira de Sel / Muros, A Coruña, España
Exposición. 06 sep de 2019 - 26 sep de 2019 / Museo Municipal Ramón María Aller / Lalín, Pontevedra, España
Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España