Exposición en Lugo, España

El hálito del ángel

Dónde:
Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Cuándo:
Desde 13 nov de 2012
Inauguración:
13 nov de 2012
Organizada por:
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición

Esta exposición está dedicada á miña irmá Sofía e á loita que día a día mantén coa dor, tanto física como emocional. O hálito do anxo é unha viaxe a traveso da enfermidade, a frustración, os lazos xenéticos, a certeza absoluta do que é correcto, a fe e mais a perda da mesma. E como toda viaxe tivo unha ruta: vinte fotografías en cor acompañadas por un texto esmiuzado en vinte frases, como títulos, pero que xuntos forman un todo. Esta viaxe comeza o día que visitei Sofía nun hospital, estaba incrustada nun sofá de skai vermello na sala común. Xa non quedaba nela ningún resto da diva que acostumaba atormentarnos. Os seus ollos azuis cubríranse cun frío gris e traspasaban o televisor cara un mundo que só ela coñecía. A boca como unha ferida aberta atravesaba este rostro de boneca que sempre tivera. Era a cara máis ... triste que xamais contemplara, algo doíache por dentro só con mirala: parecía un anxiño ao que se lle romperan as ás. Cando me situei diante dela centrou a mirada en min con cansazo de ter percorrido moita distancia e díxome: irmanciña. Coa súa voz retrocedía varias décadas e un invisible lazo atounos fortemente e comezou a tirar da corda para recuperala cada vez que se perdía. O resto do tempo que non pasaba con ela estaba cos seus fillos que empecei a vivilos dende entón até o de agora coma meus e sacaba fotos, moitas fotos, a modo de terapia. Ese Madrid que non admite tratos estaba tan desesperado que se deixaba apuntar pola miña cámara sen se defender nin maquillar. Xamais entendín que as luces non iluminan as sombras. Acompañounos todo o camiño o anxo da garda, que nos deu o valor que ás veces non tiñamos e reconfortounos cando o necesitábamos; e, como non, deu o título á exposición. Atopámolo perdido no caixón da nosa infancia, e outros xurdiron ao paso, algúns con ás negras. Dá igual os quilómetros que percorras xa que, ás veces, as viaxes só nos conducen ao punto de partida, aínda que coa sensación de ter sido castigados sen motivo. Durante toda esta viaxe non soltei a cámara que sempre tiven preto por se a desesperación chegara. Percorrín os ceos de Ferrol, Villarrube, Seselle, Madrid e Navalmoral de la Sierra.

 

 

 
Imágenes de la Exposición
Marta Barros

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!