Beca en Coimbra, Portugal

IIª Bolsa de Creación Fotográfica O MAR

Cuándo:
15 ene de 2010 - 12 feb de 2010
Dónde:
Coimbra, Portugal
Inscripción:
Cerrada desde 12-02-2010
Descripción del Premio
El Museo do Mar de Galicia convoca, en colaboración con CEF (Centro de Estudo Fotográficos, la II Bolsa de Proyectos de Creación Fotográfica O Mar. El objetivo de este concurso es ofrecer la posibilidad de elaborar y realizar un proyecto fotográfico propio a los nuevos autores relativo al mar gallego en cualquiera de sus circunstancias.

-------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------

1º.- Poderán participar os mozos e mozas nacidos ou residentes en Galiza menores de trinta e cinco anos.

 

2º.- Ao autor do proxecto elixido outorgaráselle unha bolsa cunha dotación de 3.000,00 euros para a realización dun traballo fotográfico relacionado co mar de Galiza en calquera das súas circunstancias

 

3º.- Os candidatos ao premio presentarán unha memoria detallada cunha extensión máxima de 5 folios onde se especificarán os obxectivos teóricos e a metodoloxía do traballo a desenvolver. Así mesmo, presentarase un resumo do proxecto de 15 líñas. Estes dous ... documentos presentaranse por duplicado.

 

4º.- Presentarase tamén documentación gráfica do aspirante. Esta consistirá nun mínimo de 5 fotografías representativas do que puidera ser o traballo final para que a comisión avaliadora poida xulgar as posibilidades prácticas do proxecto. Estas imaxes poderían non formar parte do traballo final.

 

5º.- Adxuntarase tamén un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, teléfono, e-mail  e fotocopia do carnet de identidade.

 

6º.- De sé lo caso, deberanse presentar tamén reproducións doutras imaxes realizadas previamente pertencentes a traballos ou proxectos anteriores.

 

7º.- O proxecto deberá ser inédito, non podendo polo tanto estar publicado nin exposto previamente.

 

8º.- O proxecto seleccionado non poderá publicarse nin exporse antes da súa presentación e exposición por parte do Museo. Durante un período dun ano posterior á presentación da exposición, o Museo poderá ofertar a itinerancia da mesma, o que implica que non poderá o autor incluílo en ningunha outra exposición durante ese período.

 

9º.- O número de imaxes deste proxecto será dun mínimo de 30. En caso de que polas súas dimensións ou por outras características particulares o número fora menor, terá  que xustificarse axeitadamente.

 

10º.- O Museo organizará unha exposición co proxecto seleccionado que será coordenada polo Centro de Estudos Fotográficos. Unha vez expostas, as fotografías pasarán a formar parte da Colección Fotográfica do Museo do Mar de Galicia, que tamén poderá utilizar nas súas publicacións, web, mostras, etc.

 

11º.- Os gastos de tiraxe de copias e montaxe da exposición correrán por conta do Museo, debéndose xustificar debidamente, e non podendo nunca superar a cantidade de 6.000,00 euros.

 

12º.- A documentación para a participación entregarase nas oficinas Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160 36208 VIGO) con data límite do 12 de febreiro de 2010.

 

13º.- O Museo, en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, publicará un libro que funcionará como catálogo da mostra, dentro da colección Do Trinque.

 

14º.- O bolseiro comprométese a facer constar en futuras exposición e publicacións que o traballo foi realizado como consecuencia da 2ª Bolsa de Creación Fotográfica: O MAR realizado polo Museo do Mar de Galicia.

 

15º.- A decisión da comisión avaliadora é inapelábel podendo quedar deserto o Premio por considerar  que os traballos non atinxen unha calidade mínima para ser premiados. O feito de presentarse ao concurso leva implícito a aceptación das súas bases.

 

16º.- Farase público o resultado do concurso o 12 de marzo do 2010.

 

17º.- O proxecto entregarase totalmente realizado con data límite do 1 de novembro de 2010.

 

 

18º.- Os proxectos non premiados poderanse retirar no Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160 36208 VIGO) a partir do día seguinte de facerse público o fallo da Comisión Avaliadora.

 

 

19º.- A Comisión Organizadora fará un seguimento periódico do traballo que está a realizar o bolseiro. O bolseiro comprométese a presentar periodicamente o estado no que se  atope o seu traballo á persoa que a Comisión designe para facelo.

 

20º.- O Museo non se fará responsable das perdas ou danos ocasionados  perante o envío.

 

21º.- A Comisión Avaliadora dos proxectos estará formada por persoas vinculadas ao mundo da fotografía e ao mundo do mar.

 

 

 

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todos los premios y concursos que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de premios

Club AI

Si amas el arte…¡querrás formar parte de nuestro club!

  • Organiza tus alertas sobre los temas que más te interesan: exposiciones, premios y concursos, formación… ¡Elige dónde, cómo y cuándo!
  • Entérate de todo lo que sucede en nuestros boletines de noticias.
  • Te mostramos la información que más se ajuste a tus preferencias.
  • Sigue a tus artistas, profesionales, galerías o museos favoritos. ¡Recibirás una notificación cada vez que actualicen contenido!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todos los premios y concursos que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de premios