Exposición en Vigo, Pontevedra, España

Las ciudades de COLMEIRO: Buenos Aires · Vigo · París

Dónde:
Galeria Montenegro / Marques de Valladares, 37 - bajo / Vigo, Pontevedra, España
Cuándo:
27 oct de 2022 - 09 dic de 2022
Inauguración:
27 oct de 2022 / 20:00
Horario:
11 a 14h. / 17 a 20:30 h.
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Teléfonos:
+34629257717
Correo electrónico:
info@galeriamontenegro.com
Descripción de la Exposición
A pintura de Manuel Colmeiro (1901-1999) representa unha reformulación da temática popular galega a partir de chaves formais debedoras da figuración europea de entreguerras. Esta obra é desenvolvida en grande medida nas cidades onde o artista viviu e que marcaron o seu labor: Buenos Aires, Vigo e Paris e as características dos traballos realizados por Colmeiro con temas orixinados nas cidades están modulados pola relación que estabelece o pintor co medio urbano. Buenos Aires é a cidade formativa, onde pasou a adolescencia e primeira mocidade como fillo de emigrantes e onde inicia o traballo artístico, marcado pola súa rebeldía contra o academicismo e as intensas preocupacións sociais. Na capital arxentina traballa, a finais dos anos dez e comezos dos vinte, nun ambiente de forte inquedanza cultural e de preocupacións políticas, estéticas e filosóficas. A concreción destes estímulos pode ser vista nos debuxos que o artista fixo nomeadamente no porto da Boca. Son obras ... de carácter sintético e con certos trazos expresionistas onde o protagonismo está no proletariado portuario e nas paisaxes urbanas, entre guindastres e barcos e onde capta o valor plástico dos fragmentos da vida. En 1926 Colmeiro regresa a Galicia e o primeiro punto de chegada é o porto de Vigo, cidade que terá un papel importante na súa biografía anterior á Guerra Civil, de feito realiza aquí a súa primeira exposición. Máis tarde, na súa madureza será a súa referencia en Galicia xuntamente coa casa familiar de Costela (Silleda). Os primeiros debuxos de Vigo, da segunda metade dos vinte, manteñen a fidelidade aos temas laborais de Buenos Aires, mais tamén sinalan a consolidación do seu estilo, xa inserido no contexto de preocupacións do movemento renovador da arte galega: temática popular, sensibilidade social e figuración sintética que se inspira na tradición galega románica e popular. A partir de 1936, exiliado por mor da Guerra Civil, Colmeiro torna a Buenos Aires, mais este non vai ser o destino definitivo do artista xa que en 1949 se instala en París, con frecuentes estadías en Galicia. As obras que dedica a París están, a diferenza das de Vigo e Buenos Aires, case totalmente centradas na paisaxe, sen unha presenza importante do elemento humano. As chaves estéticas destas paisaxes están nese postimpresionismo que ten orixe en Cézanne e que foi obxecto permanente de revisión polo artista. Só ocasionalmente -maio do 68- podemos percibir o fondo humano e social que caracterizou boa parte do seu labor. As cidades de Colmeiro son moito máis que simples lugares biográficos, iluminan o proceso de formación e plenitude do pintor e informan e documentan as súas máis profundas preocupacións como cidadán e artista. Carlos L. Bernárdez

 

 
Imágenes de la Exposición
Manuel Colmeiro “El pan”, Vigo 1932, lápiz de 22 x 33 cm.

Entrada actualizada el el 26 oct de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
13 abr de 2024 - 25 may de 2024

Galería Elba Benítez / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones