Maquinando o debuxo
Evento finalizado
05
sep 2019
01
nov 2019

Compártelo

Publicada el 16 oct de 2019      Vista 22 veces

Descripción de la Exposición

Esta exposición que Marco Moreira presenta en NORMAL, espazo de intervención cultural da UDC é unha mostra do proxecto de investigación que o artista leva a cabo desde hai xa algúns anos, onde reflexiona sobre a práctica e os métodos de produción inherentes ao desenvolvemento da súa actividade artística. Así, centrándose especialmente na práctica do debuxo, procura explorar os limites e fronteiras entre o bidimensional e o tridimensional, establecendo unha relación entre a representación e o real, así como entre o artista, a obra e os que a gozan (o público). Esta relación define a condición da inscrición de lugar e permite reflexionar sobre ela. Deste xeito, aborda conceptos como a intuición, a intelección, o tempo e o espazo, recontextualizando obxectos e ideas coa fin de materializar procesos creativos. O artista recorre a un traballo sintético, pero ao mesmo tempo envolvente, coa intención de que a obra teña existencia nunha dimensión poética. Nalgúns dos seus traballos utiliza simples obxectos cotiáns, que adquire e son parte da súa práctica habitual de traballo; ferramentas e instrumentos que cambia e manipula, tentando lidar co que chama síntese mecánica, acentuando a condición da ferramenta inherente aos obxectos usados. Esta condición permítelle a el mesmo e a calquera visitante experimentar o traballo, tanto táctil como visualmente, ao través da acción de debuxar. Catalogo digital disponible en: http://hdl.handle.net/2183/24031

Actualizado

el 08 nov de 2019

Contactar

¿Quieres contactar con el gestor de la ficha?