Descripción de la Exposición
Dende o 17 de agosto ata o 29 de setembro a sede da Fundación Curros Enríquez en Celanova acollerá unha mostra de pinturas do artista de Quintela de Leirado, Xulio Fontes: MAR E TERRA. Poderase visitar de martes a venres en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
Esta exposición será inaugurada o venres 17 de agosto ás 20:00 horas na Casa dos Poetas e contará coa presenza do autor, do escritor Manuel Veiga Taboada, que será o que realizará a presentación, ademais dunha representación da Fundación Curros Enríquez e do Concello de Celanova.
A exposición consta dun total de vinte seis obras, catorce delas son cadros de formato mediano e grande en acrílico con soportes de madeira e doce son pezas escultóricas. Ademais dalgunha obra realista inspirada en lugares e xentes de Quintela de Leirado, en especial do Penagache e da aldea de Forxán, a mostra contén pinturas creativas onde o artista xoga con materiais diversos como cunhas de mexillón ou zamburiña.
Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España