Exposición en Pontevedra, España

Na beira do río. Diálogos dende a pintura

Dónde:
Pazo da Cultura de Pontevedra / Rúa Alexandre Bóveda, s/n / Pontevedra, España
Cuándo:
13 sep de 2012 - 11 nov de 2012
Inauguración:
13 sep de 2012
Comisariada por:
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición

¿Pode servir a pintura como xeito de encontro entre diferentes xeracións? E porqué non. A seguinte experiencia plantéxase a partir dese enfrontamento, da construcción dun diálogo artellado dende as propostas individuais de dous artistas que xorden en épocas diferentes, con formacións e espacios vitais alonxados entre si, respondendo, polo tanto, a diferentes inquedanzas e paisaxes sociais. Un xeito de contrapoñer tempos polos que foi fluindo a pintura como un río para significarse como parte da nosa esencia cultural. Cada pintor reflicte coa súa obra un espazo e un tempo concreto, preguntémonos ¿qué podería suceder se vencellamos ambas liñas temporais? se entrecruzamos esas cronoloxías na procura de respostas, pero tamén na lectura dun tempo novo, o noso. O cauce de dous ríos que aflúen a outro maior. É por eso, que este proxecto xorde dende o debate e a confrotación de diferentes dialécticas, que poidan confluir neste ... novo ámbito de integracións e mestizaxes, por que a pintura, dentro da súa infinita gama de posibilidades, tamén nos pode servir para enfrontarnos ó paso do tempo. Para enfrontarnos a nós mesmos.

 

Este tipo de encontros plantéxanse como unha cita anual, na cal se enfrontarían a maneira de achegarse á sociedade e a arte por parte de dous artistas pertencentes a diferentes xeracións, separadas por un tempo razoable que xustifique ese diálogo. A exposición desenrolaríase en tres apartados: por unha banda, un espazo común, onde os artistas interactuasen entre sí mediante a súa obra, contrapoñendo linguaxes, conceptos ou discursos na procura dese fructífero debate; e por outra dous percorridos paralelos onde cada artista amosará as súas preocupacións no terreo estético como xeito de argumentar a súa proposta anterior en base a experiencia propia.

 

Como dietario da experiencia tamén se propón a realización dun catálogo que deixe constancia deste tránsito común que co paso das edicións pode servir como reflexión sobre os nosos pintores e os seus diferentes eidos cronolóxicos. Na presentación de dito catálogo celebrarase una mesa redonda cos artistas para coñecer a súa experiencia no mundo da pintura e as impresións deste traballo en común.

 

A artista Ana Seoane desenrolará durante catro sábados enmarcados no tempo de duración da exposición un taller de creatividade artística dirixido a nenos entre 5 e 10 anos.

 

Para esta segunda edición a proposta invita a interactuar a Teresa Brutcher (Phoenix, 1955) e Ana Seoane (A Coruña, 1981), aínda que nacidas fora de Pontevedra ambas viven na nosa cidade ou no seu contorno, estando moi ligadas ás súas estructuras culturais a través de diferentes exposicións ou co seu traballo en centros académicos, como a Facultade de Belas Artes, onde a segunda cursou a carreira de Belas Artes e agora imparte clases. Pensamos que pola súa forma de entender a pintura pode ser unha exitosa colaboración que permita ofrecer unha mirada novedosa e enriquecedora das súas respectivas obras xa consolidadas no eido artístico.

 

A obra de ambas creadoras configúrase en torno ao ser humano, a unha presenza que se define de manera formal de diferente maneira, mentras en Teresa Brutcher a figura humana faise rotunda, ocupando gran parte da superficie do lenzo a partir dunha configuración realista da imaxe á que se lle engaden certos toques surrealistas e irónicos, e que en moitos casos propicia tamén unha reflexión sobre comportamentos e situacións que o paso do tempo e o correr da vida vanse sedimentando sobre esos corpos. Corpos que no caso de Ana Seoane vólvense minúsculos, aparecendo en grupos, en parellas ou de maneira individual as figuras feitas pola artista máis nova suscitan infinidade de preguntas, algo moi recomendable no mundo da arte: ¿a que obedece a súa presenza? ¿que están esperando todos eses seres humanos? ¿por que se lles aparta de calquera conexión coa nosa realidade?

 

Estamos polo tanto ante un diálogo dende os pinceis, dende o xeito de mirar á nosa sociedade e interpretala a través desa disciplina que é a pintura. Xerme artístico ao que dende estas paredes se homenaxea como unha das grandes referencias da creación cultural e que volve a arrolarse a carón deste río Lérez nun fluir permanente de ideas e imaxes.

 

Fragmentos do catálogo:

 

Teresa Bruchter

 

'Pero si o paso do tempo é fundamental en toda a súa obra tamén o serán elementos como a soedade ou a incomunicación, moi presentes en varias escenas onde as personaxes, pese a súa proximidade parecen non ter relación algunha entre eles, ou coa denuncia de situacións que por desgraza no noso mundo semellan xa ser asumidas como cotiás, e refírome á violencia, o maltrato, a pobreza ou a represión, e que a artista amosa con total crudeza, exhibindo fronte ao espectador diferentes situación nas que o ser humano aparece condeado pola súa actitude na vida. Consecuencias que obrigan ao noso rearme moral e á que o noso pensamento se involucre de xeito decidido co tema representado. O certo é que as nosas vidas están sempre cheas de equilibrios, funambulismos nos que debemos movernos e finalmente superar dentro do inevitable proceso de aprendizaxe. Algo que non é máis cunha parte desa lección que a existencia nos ofrece día tras día, aínda que en demasiadas ocasións non sexamos conscientes dela.'

 

Ana Seoane:

 

Baixo o título desa abondosa serie, ¿Como gustedes?, Ana Seoane amosa, polo tanto, unha especie de estudo sobre a percepción que podemos ter do ser humano, a partir da súa relación co espazo e cos outros membros da comunidade, tema que é motivo de preocupación para a artista e parte do seu proxecto académico centrado na escenografía, algo que como vemos está moi presente neste discurso plástico. Cada un dos mosaicos aparecen como parte dese gran teatro do mundo no que a nosa presenza é insignificante, case anecdótica e no que existimos, en boa medida, en fución das diferentes relacións cos nosos semellantes. Nas pezas de Ana Seoane estas relación permiten a aproximación das figuras, unha comunicación que semella rachar a dinámica desas superficies neutras nas que uns seres anónimos, ou quizáis non tan anónimos, pasan ante nós vivindo as súas propias vidas afastados do ruido do exterior, pechados por unha creadora que aposta por unha nova dimensión chea de sosego e calma.'

 

 

 

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan básico

Si eres artista o profesional… ¡Este plan te interesa! (y mucho)

  • Sube y promociona eventos y exposiciones que hayas creado o en los que participes ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • Podrás publicar (y también promocionar) hasta 100 obras tuyas o de tus artistas. ¡Conecta con tus clientes desde cada una de ellas!
  • Disfruta de acceso a todo el contenido PREMIUM y al Algoritmo ARTEINFORMADO (Ecosistema AI e Indice AI de Notoriedad de artistas iberoamericanos).
  • Mantendremos actualizada tu perfil o la de tus artistas. Además, podrás contactar con los gestores de otras.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 11 abr de 2024

ProjecteSD / Barcelona, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones