Exposición en Lugo, España

Non hai dúas sen tres

Dónde:
Néboa / Lamas de Prado 31 / Lugo, España
Cuándo:
30 nov de 2023 - 27 ene de 2024
Inauguración:
30 nov de 2023 / 19:00
Horario:
Martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Sábados de 11:00 a 14:00.
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Teléfonos:
626324281
Correo electrónico:
info@galerianeboa.com
Descripción de la Exposición
O xoves 30 de novembro ás 19:00h inaugúrase a galería NÉBOA con "Non hai dúas sen tres" da artista compostelá Carlota Pereiro (1988) na Rúa Lamas de Prado 31, Lugo. A concepción desta exposición xurde no momento puntual no que a artista contempla unha das súas recentes obras e decátase da existencia dun mundo tríptico en forma de realidade arcana organizada arredor do número tres. A regra do tres imponse en lemas e slogans. Liberté, égalité, fraternité. De feito, en latín existe a expresión omne trium perfectum traducido por “todo o que vén en grupo de tres, é perfecto”. O patrón dos tres elementos, aporta á escrita brevidade, facilidade para lembrar e ritmo. Introdución, nó e desenlace. Incluso os refráns e ditos populares inclúen o tres. Corre, vai e dille, na súa xenuina acepción. Tres, tres, tres… María, Xesús e Xosé; os tres elementos do átomo; os tres ... Reis Magos; as tres grazas; o trisquel; pasado, presente e futuro; pensamento, palabra, acción; sexo, drogas e rock and roll; sangue, súor e bágoas… Non hai dúas sen tres… O infinito inventario que alimenta o noso ideario colectivo no que se cobiza o equilibrio. Pois ben, a tríade, a máxica conxunción que latexa no interior da artista e bule por saír, por espallarse e amosar o seu particular equilibrio ao facerse cor, forma e volume para encher o espazo, asolagando o branquecino marco de tres paredes baleiras, a base de retazos tomados espontáneamente, de xeito visceral e sen organización premeditada e cuxo conxunto, o todo como suma das partes, tenta transmitir a ledicia da súa percepción do mundo e facer do gozo a derradeira esencia da súa ARTE. Carlota Pereiro (Santiago de Compostela, 1988) é graduada en Administración e Dirección de Empresas e mestrado en Deseño Textil e Superficies no Instituto Europeo de Deseño de Madrid. Recentemente expuxo de forma individual na Galería Arniches26 (Madrid) a mostra ""Ajuar e na Galería Marimón (Palma de Mallorca) "Malo será". Participou na última edición de Estampa coa galería Materna y Herencia (Madrid) e en Urvanity 2022, con Arniches26 (Madrid). Ademáis, desenvolve un gran labor de deseño e colabora habitualmente dende hai unha década co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, amais de colaborar con entidades e organismos como Ateneo de Madrid, AC Hotels by Marriot, Comisión Española de Ayuda al Refugiado (CEAR), Ayuntamiento de Madrid ou a Comisión Europea, entre outros. Con "Non hai dúas sen tres" Carlota regresa a Galiza despois de "Mi camino" no espazo cultural do Aeropuerto de Santiago de Compostela no 2019.

 

 
Imágenes de la Exposición
Galería NÉBOA "Non hai dúas sen tres"

Entrada actualizada el el 27 nov de 2023

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
26 abr de 2024 - 30 jun de 2024

Fundación Juan March / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones