Exposición en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Pegadas na materia

Dónde:
olalab acción cultural / Rúa Porta da Pena, 10 / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
Desde 13 jun de 2018
Inauguración:
13 jun de 2018 / 20:00
Organizada por:
Descripción de la Exposición
A exposición "Pegadas na materia" xurde do acordo recentemente estreado entre a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e o espazo de Arte Contemporáneo Olalab Acción Cultural, o cal ten coma fin dar a coñecer os traballos dos xoves artistas formados nos obradoiros da centenaria institución compostelán. Unha colaboración que neste caso tradúcese nunha mostra escultórica comisariada polo curador Iñigo Rodríguez e a artista Iris Rodríguez, na que terán cabida as pezas de varios prometedores alumnos da Mestre Mateo. "Pegadas na materia" parte da necesidade de mostrar e dar a coñecer a obra destes xoves valores, visibilizando os froitos desa viaxe na que se embarcaron na procura de dar resposta as súas querenzas por expresarse a traveso da Arte. Un periplo que xunto aos seus titores na Escola rematou ao atopar as súas propias ideas plasmadas nunhas personalísimas formas. Para estes artistas en formación esta chamada da inspiración forma parte ... dun ben connatural a eles mesmos. E é nese intre no que a Mestre Mateo asume o seu rol de guía, tanto na vertente conceptual coma técnica, asumindo un proceso de aprendizaxe que os ha levar máis aló da disciplina e dedicación necesaria para o exercicio artístico, invitándoos a explorar, experimentar, xogar e finalmente xerar. Un proceso que os levou a penetrar nas posibilidades de materiais e técnicas, e no que adquirir os coñecementos e experiencia necesarios para recoñecer acertos e erros tornouse fundamental para conseguir tirar de eles un froito, que en parte presentamos nesta mostra, os fai artistas. Os creadores elixidos para a presente mostra foron quen de asentar ese diálogo entre materia e psique, e destaca a súa capacidade de liberarse da tiranía da iconografía clásica, para dotar a súas pezas de significado a traveso da fuga expresiva da materia. Transmitindo ao espectador a súa capacidade de empaparse de proceso, xerando pezas conscientes da súa organicidade, cheas de expresividade e potencia, xogando cos materiais e que partindo destes establecen diálogos que fan visible a técnica acadada. Entre as pezas que atoparemos nos espazos de Olalab están as de Juan Costa, nas que sacrifica o ideal de beleza buscando o basto e rudo da materia, presentando un traballo cunha enorme carga expresiva, no que explora as posibilidades estéticas do feísmo. Cun marcado carácter etnográfico na exposición poderemos disfrutar da obra de Roque Piñeiro, artista que xoga ca dualidade matérica entre o arame e a terra, facéndoos confluír e xerando metáfora, a da relación do home e natureza ao longo da historia. E na dualidade é onde tamén se refuxa Eduardo Portela. Nas súas pezas busca capturar o instante, fuxindo dos momentos e formas estereotipadas. Recréase conceptualmente na contradición, na busca de opostos, chamando a atención nas súas pezas unha intelixente utilización das texturas. A mostra complétase cunha peza de Iris Rodríguez, na que traballa coa inquedanza psicolóxica que xera no espectador o feito de sentirse observado. Rompendo a cuarta parede mediante un finísimo traballo escultórico. Coa presente exposición o que pretendemos e trasladar os laboriosos procesos de aprendizaxe e experimentación levados a cabo nos obradoiros da Mestre Mateo ao espazo público. Dando lugar a Sinerxías entre uns artistas que están en pleno comezo do seu quefacer artístico e un público acostumado a tratar ca arte contemporánea de corrido. Sinerxías que sen dúbida tamén formarán parte da súa evolución, e que lles proporcionarán un pulo máis na procura de seguir deixando máis pegadas na materia.

 

 
Imágenes de la Exposición
Colectiva de artistas de EASD Mestre Mateo — Cortesía del Espacio Ola Lab

Entrada actualizada el el 12 jun de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!