Ruth Lodeiro. Penélope tecedoras de soños
Evento finalizado
22
feb 2018
18
mar 2018

Compártelo en redes

Cuándo: 22 feb de 2018 - 18 mar de 2018
Inauguración: 22 feb de 2018 / 20:15
Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Organizada por: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense)
Artistas participantes: Ruth Noemi Lodeiro Rodriguez
Enlaces oficiales Web 
Publicada el 20 feb de 2018      Vista 51 veces

Descripción de la Exposición

PENÉLOPE. A OBRA DE RUTH LODEIRO Coa instalación Penélope a artista Ruth Lodeiro afonda na súa indagación sobre os mitos. O soporte e a idea nuclear que preside a súa obra está fortemente ligada a condición sexual, á reflexión sobre a identidade e ás relacións sociais e persoais. Mais lonxe de calquera maniqueismo, a obra da nosa artista admite a indecisión e mais a dúbida, que funcionan no conxunto das creacións como fío condutor, coa ligazón física co feminino como centro da obra, e con intensos referentes icónicos como vehículos transmisores da mensaxe alegórica. Pode sorprender a alusión á alegoría nunha artista contemporánea, mais non se debe entender nun sentido tradicional, xa que se ben a artista utiliza imaxes que nos lembran o mundo visual codificado nas artes plásticas e en especial certa iconografía que evoca o mito: redes, tecidos, úteros.. recreada pola artista en toda a serie de obras expostas, non se utiliza como explícita e directa alusión á opresión ou á indeterminación, senón como representación da negatividade e do convencionalismo que pexa a nosa existencia cotiá. Daquela, o que noutrora fora lembranza da fidelidade ás virtudes “femininas” e austera significación moral ou didáctica, tórnase agora expresión de todo o que anula a nosa capacidade de reflexión e de acción. As obras, construídas por medio de coidadas elaboracións cerámicas e ensamblaxes, serven á artista para afrontar o feito creativo como un intento de dar solución a un reto (plástico e temático) en que os motivos de intenso contido vivencial, lonxe de coartaren a liberdade formal, funcionan como liberadores e enriquecedores, como pulo para indagar na comprensión e na interpretación do mundo, producíndose, xa que logo, como na mellor arte, unha interrelación entre logros visuais e desenvolvemento temático. Toda a serie Penélope é un bo exemplo desta actitude, abisal e convulsa no conceptual, e dunha enorme pulcritude formal. En medio dese pulcro desacougo e desa reflexión que transmite toda a obra de Ruth Lodeiro aparece sempre o universo da muller e, así, o corpo –obxecto e suxeito da súa obra- remite nas súas diversas representacións a unha lectura das constantes da presenza do feminino na nosa cultura, tornándose en explícito territorio para a reflexión sobre a tradición e o presente. Un exemplo excelente é a instalación Penélope co corpo feminino, e os atributos ligados ao tear, unha obra ateigada da carga onírica e do pulo vital que o universo feminino transmite, conformándose como unha auténtica iconografía da diferenza. Desde o punto de vista conceptual, a obra de Ruth Lodeiro ten unha forte vontade de discurso, de carga semántica. Parte da estrita intimidade do eu e actúa entrelazando os temas, as obsesións da autora co silencio, co espazo baleiro, conseguindo daquela modular o sentimento coas pulsións que nunca son completamente representábeis na concreción plástica da obra. Mais o que si consegue é transmitir unha sensación que subxace detrás, no fondo da comunicación discursiva da obra. Ruth Lodeiro demostra que a arte sempre ten unha compoñente de pulsión e con temas como os presentes este aspecto fica aínda moito máis resaltado, co corpo e o eu cun protagonismo singular, como preocupación relevante, entendida desde toda a súa pluralidade, mais especialmente como fonte de reflexión sobre os diferentes roles e comportamentos desde o máis cotián ao máis transcendente. Ruth Lodeiro concibe a creación artística como unha volta á intimidade do eu, expresada nunha linguaxe plástica e reflexiva, desenvolvida e patentizada na totalidade íntegra da súa persoa. Consegue así reter o que se di a si mesma na soidade da súa intimidade pero que precisa e adquire todo o seu sentido como forma artística con vontade de comunicación. Ligado a este feito, podemos percibir un universo que evidencia os silencios, os ocultamentos, as veladuras, as dúbidas e a angustia do mundo feminino, como materia e fonte de creación autorreferenciada. Carlos L. Bernárdez

Obras expuestas en Penélope. Tecedoras de soños (7 Obras)

PENÉLOPE: SUDARIO

Ruth Noemi Lodeiro Rodriguez

Escultura

PENÉLOPE: TRÍPTICO I

Ruth Noemi Lodeiro Rodriguez

Escultura

PENÉLOPE: CRUCIFIXIÓN

Ruth Noemi Lodeiro Rodriguez

Escultura

PENÉLOPE: RED DE HISTORIA

Ruth Noemi Lodeiro Rodriguez

Escultura


Actualizado

el 13 mar de 2018 por ARTEINFORMADO

Contactar

¿Quieres contactar con el gestor de la ficha?

Descubre más obras en ARTEINFORMADO

{{ artwork.title | limitTo:16 }}, {{ artwork.year }}
{{ artwork.artistName | limitTo:28 }}
Compártelo en redes
ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

Más información

¡Suscríbase y reciba regularmente nuestro Boletín de Noticias del Mercado del Arte!

Suscribirme
volver arriba