Festival de arte en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Plataforma 2022

Dónde:
Varios espacios de Santiago de Compostela / CGAC, Fundación DIDAC, Teatro Principal, Auditorio de Galicia y varias plazas de Santiago / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
09 jun de 2022 - 18 jun de 2022
Inauguración:
09 jun de 2022
Organizada por:
Documentos relacionados:
Descripción de la Exposición
Presentación da terceira edición de PLATAFORMA, festival de artes performativas de Santiago de Compostela. Plataforma é un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura, a poesía e outras disciplinas culturais. Dirixido por Cooperativa Performa, o festival esténdese pola cidade con múltiples propostas entre as que destacan o primeiro proxecto de Marta Pazos tras a disolución de Voadora, accións performativas de Chévere, Daniel García Andújar ou María Salgado con Fran MM Cabeza de Vaca e colaboracións artísticas entre creadores como Chus Pato e Rodríguez-Méndez ou Macarena Montesinos coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Plataforma é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa tradición e coa innovación cultural, preocupado pola sustentabilidade e por proxectar o talento local. Santiago de Compostela, 25/05/2022- Entre ... o 9 e o 18 de xuño de 2022 terá lugar a terceira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura, a poesía e outras disciplinas artísticas. Dirixido pola Cooperativa Performa, Plataforma continúa coa intención de traballar en rede e complicidade co maior número de axentes, institucións e espazos posibles dunha cidade referente cultural como Santiago de Compostela. Plataforma é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa tradición e coa innovación cultural, preocupado pola sustentabilidade e por proxectar talento local. Por este motivo as súas dúas primeiras edicións gozaron gran fortuna crítica en medios estatais e autonómicos, sendo destacada a súa programación no Observatorio de la Cultura en España (Fundación Contemporánea) e en varios medios nacionais. Para os directores do festival David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo “Plataforma é un festival perfecto para este momento de reactivación cultural pola súa transversalidade e a descentralización das súas localizacións, pola súa escala, pola súa programación pensada para espazos singulares e pola posibilidade de seguir con facilidade os protocolos adecuados de sustentabilidade Nesa liña, unha das singularidades do festival é a programación paralela de varias exposicións coas que se relacionan directamente algunhas das performances programadas, como as de Marta Pazos, Rosana Antolí e Berio Molina no CGAG (presentes na exposición O museo como escenario); Misha Bies Golas e Benxamín Otero no Auditorio de Galicia (presentes en Sons improbábeis); Irene Grau e Alberto Odériz na Galería Nordés; ou as conferencias perfomativas de Chévere (coa interpretación de Patricia de Lorenzo), ou Patricia Esquivias na Fundación DIDAC (no contexto da intervención espacial do artista alemán Markus Linnenbrink). Tamén é de sinalar a implicación do festival con aquelas iniciativas que polo seu carácter experimental e híbrido habitualmente non teñen espazo nas programacións museísticas ou nas programacións estables de ámbito cultural. Por outra parte, o festival Plataforma fomenta a colaboración entre artistas de diferentes disciplinas o que favorece o cruce de públicos diversos e singulares conexións creativas, como é o caso da colaboración entre a poeta Chus Pato e o artista Rodríguez-Méndez, de Pálida con MIL111 (Iria del Bosque e Borja Fernández), de Cristina V.Miranda con Auto Sacramental ou da artista Macarena Montesinos coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Plataforma é ademais un festival responsable, seguro, comprometido coa igualdade, coa diversidade cultural e coa sustentabilidade. Cunha importante representación feminina e unha decidida aposta polo talento galego. Plataforma reúne performances, concertos, danza, propostas escénicas, poesía e arte contemporánea en exposicións, accións e conversacións capaces de unir a creadores galegos con valores de recoñecemento internacional como Daniel García Andújar ou Patricia Esquivias. Plataforma destaca por apostar pola produción propia e os encargos específicos aos artistas participantes. No seu programa haberá estreas absolutas de pezas escénicas, performances ou conferencias performativas. Ana Gesto estreará unha performance percorrendo co público o Barrio de Vite, Irene Grau e Alberto Odériz presentarán o seu proxecto no Parque de Bonaval antes de que sexa instalado na Galería Nordés e os artistas Rosana Antolí, Berio Molina e Marta Pazos presentarán novos traballos escénicos nas salas do CGAC na mostra “O museo como escenario” e a escritora Cristina V.Miranda estreará o seu proxecto de poesía e música en colaboración con Auto Sacramental. Outro dos encargos do festival será a presentación inédita de Chus Pato sobre o traballo do artista Rodríguez-Méndez no escenario do Teatro Principal. No festival haberá tamén espazos para a educación e a mediación cultural cos talleres infantiles deseñados por Alba Cacheda, conversas con artistas como Marta Pazos, Berio Molina, Rosana Antolí, Alejandra Pombo e Calís Pato.

 

 

Entrada actualizada el el 25 may de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Club AI

Si amas el arte…¡querrás formar parte de nuestro club!

  • Organiza tus alertas sobre los temas que más te interesan: exposiciones, premios y concursos, formación… ¡Elige dónde, cómo y cuándo!
  • Entérate de todo lo que sucede en nuestros boletines de noticias.
  • Te mostramos la información que más se ajuste a tus preferencias.
  • Sigue a tus artistas, profesionales, galerías o museos favoritos. ¡Recibirás una notificación cada vez que actualicen contenido!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones