Exposición en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Pongo mi pie desnudo en el umbral

Dónde:
Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Pérez Costanti 12 bajo / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
12 sep de 2020 - 27 nov de 2020
Inauguración:
12 sep de 2020
Comisariada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
O artista Christian García Bello inaugura unha exposición individual na Fundación DIDAC o sábado 12. A artista María Roja realizará unha performance especificamente pensada no contexto da exposición. A mostra intégrase dentro da programación do festival Plataforma. Festival de artes performativas. Christian García Bello é un dos artistas novos máis importantes da súa xeración. Habitual de feiras como ARCO coa súa galería Formato Cómodo, realizou exposicións individuais no CGAC e colectivas en Caixaforum, MARCO de Vigo ou o Museo Patio Herreriano. Na súa primeira exposición na Fundación DIDAC propón un relato que nos leva desde Bélxica ata a fronteira de Galicia con Portugal, trenzando cuestións en torno ao territorio, as súas formas, a súa historia e o paso do tempo, empregando unha linguaxe escultórica radicalmente ascética e articulada desde a poética do material. A exposición de Christian García Bello na Fundación DIDAC titúlase Pongo mi pie desnudo en el umbral e intégrase ... dentro da programación do festival Plataforma. Festival de artes performativas. A mostra contará cunha performance realizada especificamente pola actriz e artista performativa María Roja no contexto desta exposición. A exposición está comisariada por David Barro e contará cunha publicación que recolle unha selección dos traballos do artista ata hoxe. O corpo de traballo de Christian García Bello aborda un campo de problemas centrado no individuo, a súa escala corporal, espacial e temporal, e a paisaxe que este transforma, percibe e habita. Este armazón queda atravesado por condicionantes contextuais do territorio como a arquitectura, a historia ou as formas vernáculas. A súa metodoloxía baséase nun proceso subordinado de análise e síntese que, a través da escultura e a obra sobre papel, articula a poética intrínseca do material cunha comprensión do espazo como un relato poetado cuxo ritmo é construído desde a radicalidade do ascetismo compositivo. A exposición inaugúrase o día 12 de setembro e poderá ser visitada ata o 27 de novembro de 2020. Na inauguración haberá 4 visitas guiadas polo artista restrinxidas a 20 prazas cada unha (entre 12 e 14h), para as que será necesario rexistrarse previamente no seguinte link A performance de María Roja realizarase o xoves 17 de setembro en dúas sesións (18h e 19h), cun máximo de 10 persoas cada unha. Para asistir será necesario rexistrarse (https://www.eventbrite.es/e/entradas-plataforma-festival-de-artes-performativas-maria-roja-performance-119456257883?utm_source=sendinblue&utm_campaign=Christian_Garca_Bello_Pongo_mi_pie_desnudo_en_el_umbral&utm_medium=email)

 

 
Imágenes de la Exposición
Christian García Bello. Pongo mi pie desnudo en el umbral — Cortesía de la Fundación DIDAC

Entrada actualizada el el 08 sep de 2020

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 11 abr de 2024

ProjecteSD / Barcelona, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
26 mar de 2024 - 29 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones