Luis San Sebastián. Power, Corruption & Lies
Evento finalizado
12
abr 2018
17
may 2018

Compártelo en redes

Cuándo: 12 abr de 2018 - 17 may de 2018
Inauguración: 12 abr de 2018 / 13:00
Horario: De luns a venres das 12 ás 14 h e das 18 ás 20 h.
Dónde: Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Comisariada por: Ignacio Barcia
Organizada por: Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Artistas participantes: Luis San Sebastián
Publicada el 10 abr de 2018      Vista 36 veces

Descripción de la Exposición

O proxecto Power, Corruption & Lies foi presentado de outubro a decembro de 2017 dentro da terceira edición do ciclo Estado Crítico que, organizado polo profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Xosé Manuel Buxán, está a desenvolverse na Sala Alterarte do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A súa presentación na Sala X é unha colaboración mais entre as dúas salas de exposicións da Universidade de Vigo. Para a súa exposición en Pontevedra Luis San Sebastian, ademáis das obras xa mostradas en Ourense, inclúe un video que afonda no proxecto que está a desarrollar, e fai unha adaptación dalgunha das pezas ás características do espazo da Sala X. --------------------------------------- Adoita dicir Luis San Sebastián que na súa tarefa artística utiliza a historia da arte e da música como unha "caixa de ferramentas". Tras esta afirmación podemos arriscar algúns comentarios que, se non desentrañan a súa obra, neste caso o seu proxecto Power, corruption & Lies, alomenos poden poñernos nunha situación axeitada para contemplala, no sentido menos pasivo da palabra. Quen precisa dunha caixa de ferramentas é alguén que fai cousas, que pretende intervir no mundo. Debemos supoñer entón que Luis pretende facer algo, "facer arte", que é unha expresión cun chisco de redundancia; é posible, así o penso eu polo menos, que queira presentarse cunha caixa de ferramentas para insistir en que fai arte, subliñar as súas intencións, quizáis porque puidese haber algunha dúbida. No seu traballo válese de manipulacións artísticas que van do ready made ao apropiacionismo, o que puidese a alguén distraído facerlle crer nunha sorte de xogo de camuflaxe ou emboscada e, aventuro, de aí a necesidade de remarcar que é artista e, polo tanto, fai cousas. Sabemos que nunha caixa de ferramentas hai un pouco de todo, nunha boa caixa de ferramentas atopamos aquelo que precisamos hoxe, aquelo que precisaremos nalgún momento, algunhas cousas "por se acaso" e outras que sabemos non usaremos nunca. A caixa de Luis non é calqueira caixa, contén o que él mesmo foi metendo, aquilo que lle interesa das historias da arte e da música, ou aquilo que atopou nelas nalgún momento e non quiso, non soubo ou non puido desbotar. Por exemplo, nalgún momento na caixa entrou un disco de New Order titulado Power, corruption & lies, unha das ferramentas que utilizou neste proxecto, e non so para nomearlo. Nestos tempos utilizar con crueza esas tres palabras: poder, corrupción e mentiras, é toda unha declaración, é unha ferramenta axeitada e potente; e ademais caeron dentro os traballos de Jeremy Deller que se mesturaron coas letras das cancións de New Order, e algunhas cousas máis... Xa estades avisados: Luis San Sebastian ten unha caixa de ferramentas e sabe como usala. Ignacio Barcia

Actualizado

el 10 abr de 2018 por ARTEINFORMADO

Contactar

¿Quieres contactar con el gestor de la ficha?

Descubre más obras en ARTEINFORMADO

{{ artwork.title | limitTo:16 }}, {{ artwork.year }}
{{ artwork.artistName | limitTo:28 }}
Compártelo en redes
Exposición en promoción
20 jul - 23 sep
OUKA LEELE - Hay que jugar al vacío
La Ley de Snell / Madrid, España

Exposición en promoción

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

Más información

¡Suscríbase y reciba regularmente nuestro Boletín de Noticias del Mercado del Arte!

Suscribirme
volver arriba