Inicio » Agenda de Arte

Salvador Dalí, contador de historias

Exposición / Centro Social Afundación Ourense / Plaza Mayor, 4 / Ourense, España
Ver mapa


Cuándo:
06 abr de 2017 - 02 jul de 2017

Inauguración:
06 abr de 2017 / 20:00

Organizada por:
Afundación. Obra Social ABANCA

Artistas participantes:
Salvador Dalí
Etiquetas
Artes gráficas  Artes gráficas en Ourense  Grabado  Grabado en Ourense 

       


Descripción de la Exposición

Unha das facetas máis descoñecidas de Salvador Dalí (Figueres, 1904-1989) é a de gravador. Do mesmo xeito que na pintura, Dalí plasmou na arte gráfica a súa persoal iconografía, deixando nas súas estampas unha obsesión polos detalles. As imaxes que nos ofrece nesta exposición explican a comedia humana, o comportamento ridículo, pero non menos real, do home no mundo e na historia. Conforman a exposición setenta e dous gravados e estampas, pertencentes aos chamados Ciclos literarios de Dalí, en que o artista copiou e recreou obras literarias universais achegando a súa particular visión e interpretación. Les songes drolatiques de Pantagruel, 1973 Nesta serie de vinte e cinco litografías Dalí recrea as ilustracións que François Desprez realizou sobre o ciclo Pantagruel de François Rabelais para a edición que en 1565 publicou Richard Breton en París. Le bestiaire de La Fontaine dalinisé, 1974 As doce fábulas que nos presenta Salvador Dalí, seguindo a Jean de La Fontaine, toman polo xeral a súa fonte no sempre citado Esopo. Na súa catalogación, presentamos o título de cada unha delas, consideramos a súa fonte e propoñemos a consecuencia moral que se deriva como sentenza. El ingenioso hidalgo don Quixote de la Mancha de Miguel de Cervantes, 1957-1958 As estampas que se presentan forman parte da publicación de Bos Aires pola editorial Emecé (1957-1958) que fora titulada El ingenioso hidalgo don Quixote de la Mancha. O primeiro volume desta edición foi ilustrado por Salvador Dalí con dez láminas en acuarela a cor estampadas en offset e trinta debuxos en branco e negro con proceso fotomecánico. Convén precisar que, con anterioridade, estas láminas foron publicadas nunha edición de Random House (Nova York, 1946) co título El Quixote e coas ilustracións presentadas a dobre páxina.


Entrada actualizada el el 03 abr de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Salvador Dalí

Salvador Dalí

Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 14 abr de 2025 - 12 may de 2025 / Madrid, España

#VersionaThyssen XXII

Ver premios propuestos en España

Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España

PHotoEspaña 2025

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Ute Aurand. Gente, lugares, vidas

Ver cursos propuestos en España