As fotografías que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante fóra do territorio español e que o pasado ano foi galardoada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.
As imaxes seleccionadas que se expoñerán no Café Moderno Afundación de Pontevedra pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante as súas dúas viaxes de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Durante o seu periplo por Galicia, Anderson documentou o sucedido durante aquela época de transición, debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de Europa da man dos intelectuais do grupo Nós. Aprendeu as linguas galega e castelá e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo...coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.
Entrada actualizada el el 05 feb de 2018
¿Te gustaría añadir o modificar algo de esta ficha?