Exposición en Pontevedra, España

Xoán Anleo, Dana Díaz, Begoña García-Alén, Manuel Mata, Clara Sobrino, Dennise Vaccarello

Dónde:
Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Cuándo:
25 feb de 2016 - 15 abr de 2016
Inauguración:
25 feb de 2016 / 12:00
Comisariada por:
Descripción de la Exposición
A terceira das mostras da programación da Sala X durante o 2016 fai alusión co seu título ó son e tamén ó que media entre el, isto é, o silencio. Este proxecto de exposición colectiva xorde no contexto do Máster de Arte Contemporánea. Creación e Investigación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, sendo a conclusión dun traballo de fin de máster de índole teórica da vertente de investigación que ditos estudos ofertan. A exposición aborda a idea de silencio dende a súa imposibilidade, tendo en conta o que supón súa utilización como recurso que acentúa as posibilidades expresivas da propia obra. Así, as obras seleccionadas xiran arredor da capacidade polisémica que xera a ausencia de certo contido ou aluden a situacións nas que o son vese amplificado por unha maior atención do espectador, que permanece en silencio. Clara Sobrino - Trance, 2015 (WIP- Traballo en proceso). Nesta peza asistimos a ... un baile sen son, no que dita ausencia leva ó espectador a centrarse na plasticidade dos movementos e nos aspectos visuais e estéticos do video. Apreciamos os xestos ralentizados só cando as luces estrobocópicas iluminan as figuras que se atopan inmersas na escuridade e nunha peza musical que debemos imaxinar. Dennise Vacarello e Manuel Mata - du caba liá du caba, 2016. Dennise a Manuel traballan xuntos nunha obra específica para a exposición. O con- xunto final, que mestura textos e imaxe, está parcialmente agochado para ó espectador ó estar os textos nun “idioma” que só eles coñecen. Só nos queda a posibilidade de inventar un significado ante unha comunicación semiausente. Begoña García-Alén - Página 1 / Página 2, 2016. Begoña presenta aquí unha paisaxe suspendida no tempo, tempo que sabemos que transcorre pola disposición dos elementos estruturais do cómic (as viñetas e as páxinas) pero que tamén sabemos en silencio ó non presenciar elementos textuais habituais. Dana Díaz - Sen título. Serie Frankenstein, 2014. Preocupada pola interrelación entre arte e deseño no seu traballo, Dana fala aquí ade- mais dunha comunidade feita de individualidades. As cadeiras que Dana recupera para a súa peza, tratan conceptos como a soidade e a indiferencia ou a memoria. Xoán Anleo - Forma Temporal, 2006. O vídeo de Xoán Anleo rexistra varias sesións de ensaios no Conservatorio Superior de Música de Vigo, concretamente os momentos nos que os músicos afinan os instrumen- tos ou a voz. Xoan consegue deste xeito a posta en valor destas situacións (nas que o son é case un son ambiente do lugar) como obras musicais ou de performance con vida propia máis aló da composición musical que virá despois. En palabras do artista: “Preséntase unha narración na que se unen a imaxe e o son. Esíxese un esforzo para escoitar coa mirada, para percibir as canles auditivas e visuais cos seus entrecruzamentos”. Deste xeito o proxecto trata as posibilidades expresivas do silencio e súas diferentes concepcións dende a obra de arte. Tendo como referencia clave a obra 4 ́33 ́ ́ de John Cage, partimos da imposibilidade do silencio absoluto e exploramos como este xera difer- entes resultados a raíz da súa inclusión na obra, engadindo matices ó significado, favoren- cendo a intención desta ou multiplicando as súas posibles interpretacións.

 

 
Imágenes de la Exposición
Clara Sobrino, Trance, 2015 (WIP- Traballo en proceso)

Entrada actualizada el el 24 feb de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Club AI

Si amas el arte…¡querrás formar parte de nuestro club!

  • Organiza tus alertas sobre los temas que más te interesan: exposiciones, premios y concursos, formación… ¡Elige dónde, cómo y cuándo!
  • Entérate de todo lo que sucede en nuestros boletines de noticias.
  • Te mostramos la información que más se ajuste a tus preferencias.
  • Sigue a tus artistas, profesionales, galerías o museos favoritos. ¡Recibirás una notificación cada vez que actualicen contenido!