Exposición en A Coruña, España

Xurxo G. Penalta. XXL

Dónde:
Fundacion Luis Seoane / San Francisco, s/n / A Coruña, España
Cuándo:
05 oct de 2019 - 27 oct de 2019
Inauguración:
05 oct de 2019
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
XXL reúne unha mostra do traballo de Xurxo G. Penalta (A Coruña, 1976), un dos ilustradores galegos máis importantes a nivel internacional, unha exposición que forma parte da programación da nova edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM. Tras licenciarse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Xurxo G. Penalta realiza un master en Estudos Visuais no College of Art and Design de Minneapolis nos Estados Unidos. Se ben desde a infancia practica o debuxo, nun principio non se inclina por ningunha disciplina artística concreta, agás a pintura, centrando a súa actividade creativa a partir de 2006 no mundo do cómic. No ano 2008, Penalta comeza a traballar no mercado americano, destacando especialmente o seu traballo en diferentes series como The Amazing Spider-Man, D-Man ou Terror INC de Marvel Comics; Fear Agent de Dark Horse, e Teenage Mutant Ninja Turtles ou Judge Dredd de IDW Comics, entre outras, desenvolvendo ... ao mesmo tempo a súa faceta como guionista xunto a outros autores en títulos como 8House Kiem e Prophet, de Image Comics, ademais de multitude de traballos relacionados coa música e co cine. Desde un punto de vista estético, o universo visual de Xurxo G. Penalta está estreitamente relacionado cos códigos da ciencia ficción, especialmente cunha visión que ten as súas raíces na década dos setenta coa aparición en Francia da revista Metal Hurlant creada por Les Humanoïdes Associés, grupo de autores do que formaba parte Jean Giraud, Moebius, recoñecido por Penalta como unha das súas influencias principais xunto cos xaponeses Katsuhiro Otomo e Masamune Shirow ou o arxentino Juan Jiménez, entre outros moitos. A minuciosidade do detalle, un coidado emprego da cor e unha certa nostalxia polos mundos analóxicos reflectida no deseño de robots, naves e espazos urbanos, xunto cun concepto onírico da paisaxe caracterizan a obra máis persoal do ilustrador galego, facéndoa inmediatamente recoñecible a ollos do espectador. XXL reúne máis de 50 obras impresas en gran formato, xunto con debuxos, bosquexos e orixinais a cor, nas que o eixo común é o cinema, que é a temática desta XI edición do Festival FKM, titulada ‘Utopías e distopías’. As pezas, moitas delas inéditas, realizáronse entre os anos 2012 e 2019. A montaxe da mostra sérvese do formato do póster cinematográfico para encher as paredes do espazo expositivo, coma se fose unha rúa ou unha sala de cinema. Ademais, con motivo da celebración do Día das Artes Galegas 2019, dedicado á figura de Luis Seoane, o artista realizará unha intervención exclusiva na sala de exposicións na que reinterpretará e formulará un diálogo cunha das obras do pintor.

 

 

Entrada actualizada el el 07 oct de 2019

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan básico

Si eres artista o profesional… ¡Este plan te interesa! (y mucho)

  • Sube y promociona eventos y exposiciones que hayas creado o en los que participes ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • Podrás publicar (y también promocionar) hasta 100 obras tuyas o de tus artistas. ¡Conecta con tus clientes desde cada una de ellas!
  • Disfruta de acceso a todo el contenido PREMIUM y al Algoritmo ARTEINFORMADO (Ecosistema AI e Indice AI de Notoriedad de artistas iberoamericanos).
  • Mantendremos actualizada tu perfil o la de tus artistas. Además, podrás contactar con los gestores de otras.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
26 mar de 2024 - 29 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones