Exposición en Lugo, España

Siro. Retrospectiva, 1970-2017

Dónde:
Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Cuándo:
25 sep de 2017 - 05 nov de 2017
Inauguración:
25 sep de 2017 / 20:00
Horario:
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Precio:
Entrada gratuita
Organizada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
SIRO LÓPEZ LORENZO, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño, ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista Chan, da man de Borobó. Neste mesmo ano, por iniciativa de Xaime López e apadriñado por Miguel González, fai a súa primeira exposición no antigo local de “Toxos e Froles” de Ferrol, mostra que tivo un enorme éxito. Herdeiro de Castelao, pero creador dun estilo propio, Siro é, ante todo, un humorista gráfico. Un humorista que, ao longo de case 50 anos, soubo reflectir de forma cómica a realidade histórica, social e cultural de Galicia e de España. A través das súas colaboracións diarias na prensa, sobre todo no xornal La Voz de Galicia, Siro foi desvelando en ... clave de humor o acontecer diario da vida política española a través dos seus debuxos, debuxos caracterizados tamén polo seu valor artístico. Neste aspecto, cómpre destacar a súa serie sobre a transición política, imaxes que aínda hoxe constitúen unha historia gráfica deste período da nosa historia recente. Pero Siro non se limitou á caricatura e ao humorismo gráfico, senón que, como bo artista que é, foi ampliando os seus horizontes artísticos para incluír a paisaxe e o retrato e, máis recentemente, o debuxo con Ipad. Ademais, xunto con Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o Museo do Humor de Fene. Autor dunha extensa obra gráfica, destacan os seus álbums: Os pecados capitais; 18 espidos de muller; Xente na brétema; In saecula saecularem, amen; Probes homes, Debuxos de humor, Cofrades do Cristo da Autonomía, A Autonomía galega nas caricaturas de Siro, etc. Esta mostra que agora se presenta, constitúe a primeira retrospectiva que se fai deste artista. Nela amósase unha ampla escolma da súa extensa obra, mostra que se estrutura atendendo ás diferentes facetas artísticas nas que traballou: debuxo, deseño (foi o autor do proxecto da praza do Humor da Coruña), pintura, caricatura, etc., sen esquecer a súa actividade como escritor, eido no que cultivou xéneros como a narrativa, o teatro e, sobre todo, o ensaio, campo no que destacan os seus traballos Castelao humorista e Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo. [Fernando Arribas Arias]

 

 

Entrada actualizada el el 22 sep de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan Avanzado

¡Posiciona tu galería o museo a través de nuestra plataforma!

  • Publica y promociona hasta 500 obras de tus artistas.
  • Contacta con tus clientes potenciales desde cada una de ellas ¡No cobramos comisiones!
  • Da mayor visibilidad a tus eventos o exposiciones ¡Te garantizamos un acceso destacado a todas ellas!
  • Accede al Algoritmo de ARTEINFORMADO y mantente informado sobre los artistas con mayor crecimiento en los últimos 5 años.
  • Conecta con la gente del sector como artistas o coleccionistas a través de sus perfiles.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
26 abr de 2024 - 30 jun de 2024

Fundación Juan March / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones