Exposición en Pontevedra, España

70 - Fernando Casás / Juan Fernando de Laiglesia

Dónde:
Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Cuándo:
27 oct de 2016 - 09 dic de 2016
Inauguración:
27 oct de 2016 / 20:00
Horario:
De luns a venres, das 12.00 h. ás 14.00 h. e das 19.00 h. ás 21.00 h.
Descripción de la Exposición
Como os malditos do rock and roll, Fernando Casás e Juan Fernando de Laiglesia intérnanse no espazo da Sala X de Pontevedra para ensinarnos, coa súa última obra plástica, que a arte non entende de idades. Artistas ambos e profesores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ao alcanzar os setenta anos propóñense mostrar, nun espazo compartido, algunhas obras que son como rexistros que presentan o frescor dun tinto de verán. Juan Fernando de Laiglesia desenvolveu a súa traxectoria artística desde os anos setenta, analizando pouco a pouco tres tipos de figuración: gráfica e épica, ata finais dos oitenta, e simbólica a partir dos noventa. Foi perfeccionando obsesivamente a exploración dos obxectos como disparadores semánticos. Así, desde as instalacións interactivas ("Canis absconditus, Sala X, 2007, Pontevedra), ata as propostas de prototipos simbólicos ("Telescopio transparente", Sala Erdel, 2009, Regensburg), proponse a construción de sorpresas experimentais con materiais encontrados ("Seis fisterras de auga", ... Alterarte, 2016, Ourense). Nas exposicións recentes está centrándose en tres liñas simultáneas: SN (a Supervivencia do Nómada), CA (a composición azarosa) e MGE (a mirada xeoesférica) coas que espera cumprir nos próximos anos o sentido dos diferentes camiños percorridos. Neste mes de outubro, (Sala X, 2016), grazas a unha intensa conversación con Fernando Casás ao longo de seis meses, móstrase un resumo das diferentes solucións sobre morfoxénesis e ensamblaxe que foron realizadas durante os últimos vinte e cinco anos, período vital no que compartiu con el a aventura de ser profesores de Belas Artes. Presenta dous grandes ensamblaxes biomórficos, unha pintura de gran formato resolta por transparencia simultánea de dous imaxes, e outros exercicios visuais e mecánicos de construción das formas nos que o espectador participa activamente. Pola súa banda, Fernando Casás é un artista experimental que vive entre o Brasil e España, mantendo estudios en ambos países. Convivir co bosque tropical, onde a erosión e o ciclo da vida evidencian a lei do eterno retorno, propiciou que Casás desenvolvera unha obra que, sempre desde a investigación, virase cara o paso do tempo e á memoria. Na actual exposición presenta dúas obras que se complementan: "Ouvindo Estrelas", telas cósmicas fosforescentes; e "Un outro xardín para Marte", reflexión que o artista ven facendo sobre a posibilidade de supervivencia da vida tal como a coñecemos.

 

 
Imágenes de la Exposición
Juan Fernando de Laiglesia, Mueble vikingo, 1993-95, 126 x 130 x 48 cm.

Entrada actualizada el el 27 oct de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Club AI

Si amas el arte…¡querrás formar parte de nuestro club!

  • Organiza tus alertas sobre los temas que más te interesan: exposiciones, premios y concursos, formación… ¡Elige dónde, cómo y cuándo!
  • Entérate de todo lo que sucede en nuestros boletines de noticias.
  • Te mostramos la información que más se ajuste a tus preferencias.
  • Sigue a tus artistas, profesionales, galerías o museos favoritos. ¡Recibirás una notificación cada vez que actualicen contenido!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
26 mar de 2024 - 29 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones