Descripción de la Exposición Pintor de paisaxes urbáns, Cecilio Chaves, amosa nesta obra unha grande influencia da fotografía, representando unha imaxe claramente acotada dun fragmento da trama urbán, viguesa ou neste caso gaditana. O artista reproduce un tema de grande interés na arte actual, a relación co medio urbán e a súa cultura cotián, buscando un vínculo emocional co espectador, con un paisaxismo inmediato, próximo, familiar, no que vive o propio artista, tratado con grande naturalismo e sobriedade, combinando tradición e visión contemporánea, é dicir reflexión sobre a paisaxe e captación do instante. Non é, xa que logo, unha paisaxe anónima, está viva. A súa investigación da cor concrétase nun luminismo envolvente derivado da súa orixe gaditana, que condiciona unha pincelada solta casi impresionista, pero con un traballado contraste de luz e sombra, con ese azul ceo, limpo e fresco, característico como fondo que da natureza a súa obra. O seu estilo é realista con un gran estudio do detalle na plasmación do mobiliario urbano.
Exposición. 21 may de 2025 - 22 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España