Inicio » Agenda de Arte

Fisuras na vitrina. Abrindo a sala do tesouro

Exposición / Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Ver mapa


Cuándo:
29 ene de 2016 - 30 abr de 2016

Inauguración:
29 ene de 2016

Comisariada por:
Maria Xosé Bóveda, Monse Cea Alvarez

Organizada por:
Museo Provincial de Lugo

Artistas participantes:
Mauro Trastoy

       


Descripción de la Exposición

O vindeiro 29 de xaneiro, inaugúrase no Museo Provincial de Lugo a mostra Abrindo a sala do tesouro, exposición que aúna arte contemporánea e arqueoloxía, e permanecerá aberta ata finais do vindeiro mes de abril. Trátase dun proxecto cultural feito arredor da antiga colección de ourivería Gil Varela -na súa maioría composta por pezas senlleiras na prehistoria galega- xunto coa escolla da obras de 14 artistas- galegos e galegas na súa inmensa maioría: Xoán Anleo, Mónica Alonso, Nilo Arias, Fernando Baena, Mónica Cabo, Ana DMatos, Amaya González Reyes, Xurxo Oro Claro, Laura Piñeiro, Santi Jiménez, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Jorge Varela e Manuel Vidal. Non adoitamos atopar un ciclo de exposicións que reúna arqueoloxía e arte contempo-ránea na Galiza, e mesmo tampouco na Península. Noutros estados da nosa contorna, como Francia, as Illas Británicas ou Italia, abondan as actividades que conxugan as dúas disciplinas, -ambas desenvolvidas, arte e arqueoloxía contemporáneas, de xeito parello os últimos cincuenta anos-. Como é ben sabido, nos inicios da arte contemporánea, o descubrimento tanto dos ar-tefactos das culturas prehistóricas coetáneas, como da posta en valor dos obxectos que foron achados pola actividade arqueolóxica, pertencentes ao noso pasado remoto foron fundamentais para inaugurar un novo xeito de facer arte. Ademais, andando no tempo, a metodoloxía arqueolóxica e o seu modo non taxonómico de entender a historia, serán poetizados pola arte conceptual -dende os anos setenta no s.XX-, regalándonos grandes obras baseadas en achados arqueolóxicos concretos. Recollendo esta longa tradición como referente ineludible, e unidas tamén pola teoría feminista á hora de percibir cadansúa disciplina, a comisaria de exposicións Monse Cea, e a arqueóloga María Xosé Bóveda, crean este proxecto o pasado ano. A proposta expositiva completarase con actividades realizadas en colaboración coa área de didáctica do Museo Provincial de Lugo, como obradoiros para tódolos públicos, un foro pecha kutcha -que sumará as miradas da arte contemporánea, arqueoloxía, ou¬rivería e deseño de adorno personal, sobre a colección Gil Varela-, unha work shop da artista Ana de Matos, unha trenla de actividades para realizar nas plataformas dixitáis do ciclo web e facebook... OBXECTIVOS O proxecto proposto consta de mostras temporais, obradoiros e foros de debate, tendo como obxectivo a creación dun escenario de discusión e deliberación no que agromen sinerxias e friccións entre materiais arqueolóxicos, en moitos casos considerados como pezas artísticas, e a arte producida na actualidade. A arqueoloxía e a arte contemporánea aínda son consideradas elitistas por moitas persoas debido a múltiples prexuízos. A primeira, afastada da xente pola súa dimensión aurática e tratada na súa exposición pública habitual cun escaso discurso narrativo, e a segunda desprezada precisamente pola ausencia desa dimensión paradigmática e atemporal. Pretenderemos pois que o obxecto arqueolóxico transcenda o seu carácter suntuario, estático. A institución museística tradicional arreda ao público que visita as mostras da súa realidade cotiá, e isto recae con moita forza sobre o material arqueolóxico, inda con-notado polas mistificacións que afastan as culturas prehistóricas das culturas actuais. A museoloxía tradicional pecha nunha gaiola de ouro os achados arqueolóxicos negán¬dolles a oportunidade de transmitir os seus valores como documentos e como produtos estéticos. Centrarémonos na percepción do achado arqueolóxico como obxecto epistemolóxico, a través de formatos expositivos e estratexias de comunicación co espectador propias da arte contemporánea: as mostras permanentes dos museos arqueolóxicos mudarán a mostras temporais, o espazo do museo excederá o seus limites e sairá ao encontro dos usuarios/as. As pezas de arte contemporáneo convivirán felizmente con pezas de arte prehistórica nas salas do museo, a mais de crearse proxectos específicos de arte contem¬poránea para sitios arqueolóxicos escollidos. As mostras propostas desbotan a idea dun espectador/a pasivo, cara á idea de usua-rio/a das pezas: un espectador/a activo, reflexivo, especulador e crítico que perciba o pasado dende as creacións do presente, dende a mirada activa da arte contemporánea. A tal efecto, está creando unha web site que recollerá todos os contidos da exposición, para que o usario/a destas actividades poda acceder de xeito inmediato a unha informa¬ción ampla, de calidade e gratuíta, tanto dentro como fora do museo.


Entrada actualizada el el 11 ene de 2020

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Xoán Anleo, S/T, 2001

Xoán Anleo, S/T, 2001

Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 08 may de 2025 - 02 jun de 2025 / Madrid, España

Arte Digital

Ver premios propuestos en España

Exposición. 21 may de 2025 - 22 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Marisa González. Un modo de hacer generativo

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

Programa de Gestión Integral de Museos

Ver cursos propuestos en España