Descripción de la Exposición
Cando no ano 2011 a Rede Museística Provincial de Lugo afronta o reto de adaptar o posto de vixiante guía no Museo Provincial do Mar para unha persoa cega deu comezo unha fermosísima aventura que se chamou “Fotografía a Cegas”.
Con este proxecto, a oferta que se lle ofrecía á nova traballadora para achegarse ao mundo da fotografía ampliouse a un grupo de persoas cegas que, entusiasmadas, se uniron a esta innovadora experiencia.
Pero, ademais desas persoas invidentes, nesta viaxe aínda faltaba compañía. Por un lado, o colectivo de intrépidos e arriscados artistas que ousaron participar no reto de converter en fotógrafxs a persoas cegas, algo aparentemente difícil de crer. E por outra banda, o persoal da Rede Museística Provincial que se converteu en narrador de todo aquilo ao que os participantes desta aventura non podían acceder cos seus ollos pero si co resto dos seus sentidos e co seu corazón.
Aínda que nos pareza o mesmo, a vista non é nada sen a “visión”, sen ese compoñente extra que fai que existan infinidade de olladas para contemplar unha mesma imaxe. Iso é algo que grazas aos catro obradoiros de “Fotografía a Cegas” conseguimos todos entender, que para a “visión” non é imprescindible a vista, un fenómeno que se conforma no noso cerebro en base aos coñecementos e ao resto de percepcións sensoriais que recibimos do exterior.
A fotografía realizada por invidentes desafía ao resto do público porque é un xeito de experimentar o entorno oposto a como eles o fan, unha maneira diferente de ver á que eles teñen, unhas olladas que a eles lles están ocultas.
Grazas a esta experiencia, ademais de acceder ao patrimonio que se recolle en cada un dos museos da Rede e nas súas respectivas contornas, achegámonos todos a unha serie de importantes coñecementos técnicos sobre a fotografía e o mundo do audiovisual, pero tamén a unha convivencia de cada un de nós co resto de participantes. Un coñecemento tan profundo que nos permitiu nesta xa cuarta edición de “Fotografía a Cegas” introducirnos no retrato, no retrato que nos deixa ver máis alá do que ven os ollos, no retrato que se mergulla no máis profundo daquilo que se pon diante do noso obxectivo.
Queremos agradecer a todxs aquelxs que participaron con nós nesta audaz aventura a confianza amosada e o traballo realizado, a complicidade e a comprensión, o esforzo por converter en posible o imposible..., e agardamos que os resultados que se recollen neste catálogo amosen realmente esa “visión” diferente, esa nova “visión” para a que non se precisa a vista.
ARTISTAS INVITADOS
María Vázquez
Eva Díez
Alex F. Romero (MAMMA MÍA
FOTÓGRAFOS PROFESIONAIS
Iago Eireos
José Reigosa
Toño de López
Germán Limeres
AUDIVISUAIS
Enrique Lamas
PERSOAL MUSEO
Encarna Lago
Ana Covadonga López-Boado
Raquel Guerrero
Manuela Trigo
Omar L. Canto
FOTÓGRAFOS INVIDENTES
Ángeles Miguélez
Eladio Fernández
Manuel Paz
Nieves Gayoso
Pilar Yáñez
Antonio Fernández
Manuel Díaz
Fina Fernández
José Urbano Cuevas
Juán Ramón Salido
Trinidad Canosa Isabel Rego
Isabel Rego
Premio. 11 abr de 2025 - 16 may de 2025 / Bilbao, Vizcaya, España
Ayudas 2025-26 para la realización de proyectos artísticos con cesión de estudio en Bilbao Arte
Exposición. 14 may de 2025 - 08 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España