Inicio » Agenda de Arte

Ilusións renovadas

Exposición / Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Ver mapa


Cuándo:
30 may de 2018 - 24 jun de 2018

Inauguración:
30 may de 2018 / 20:00

Organizada por:
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense)

Artistas participantes:
Eduardo Valladares

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción de la Exposición

É Eduardo pintor de dilatada experiencia con sorprendentes e prolongadas ausencias do panorama artístico expositivo. O seu definido estilo e modo de facer tan persoal mantéñense na retina dos que o seguimos e a súa obra é plenamente identificable, aínda despois desas parénteses na súa traxectoria. A súa personalidade e depurada técnica fano inconfundible. Alleo a estilos e escolas, Eduardo Valladares segue o seu propio camiño, coa acuarela sobre papel como técnica e as paisaxes rurais e as mariñas como temas. Pintor fundamentalmente realista, chama a atención pola ausencia total da figura humana en todas as súas composicións, creando con iso unha atmosfera máxica e intemporal, na que todos os seus temas permanecen “abertos”. Porque Valladares non é un contador de historias, nada máis as suxire para que o espectador participe na súa obra e complete a escena. A acuarela é o seu medio de expresión habitual, co que consegue que os seus temas alcancen cotas de luminosidade e transparencia, que rozan o virtuosismo. Todo pintando do natural, para que nada se escape, para que todo se sinta ou se intúa… Crea as súas paisaxes, fundamentalmente castelás, facéndoas vibrar a base de luz, cor, transparencias… plasmando a súa inmensidade e levándoas a cotas maxistrais. Ás veces detense e pinta motivos aparentemente accesorios, pero que dan sentido á totalidade da súa obra: portas, testos,… centran entón a súa atención para situarnos nun contexto rural e campesiño, que Eduardo valora especialmente. As súas papoulas, buganvillas de cores violentas sobre os ocres e pardos dominantes, fan vibrar con valentía a austeridade das súas paisaxes. Todo é calma e quietude nas súas paisaxes. Fronte a iso incorpora o movemento nas súas mariñas como trazo fundamental e exprésase aquí cunha grande austeridade de cor, limitándose en ocasións ao seu marabilloso gris de Payne, co que modela os seus temas con auténtica mestría. Son notables as súas agrupacións en series en pequeno formato, ás veces sucesións da mesma paisaxe, en que conxela o instante, normalmente expresión de máxima bravura. Os amantes da boa pintura esperamos e desexamos que, con esta nova exposición, manteña unha continuidade na mostra pública da súa obra para o deleite de todos. Alex Vázquez-Palacios É Eduardo pintor de dilatada experiencia con sorprendentes e prolongadas ausencias do panorama artístico expositivo. O seu definido estilo e modo de facer tan persoal mantéñense na retina dos que o seguimos e a súa obra é plenamente identificable, aínda despois desas parénteses na súa traxectoria. A súa personalidade e depurada técnica fano inconfundible. Alleo a estilos e escolas, Eduardo Valladares segue o seu propio camiño, coa acuarela sobre papel como técnica e as paisaxes rurais e as mariñas como temas. Pintor fundamentalmente realista, chama a atención pola ausencia total da figura humana en todas as súas composicións, creando con iso unha atmosfera máxica e intemporal, na que todos os seus temas permanecen “abertos”. Porque Valladares non é un contador de historias, nada máis as suxire para que o espectador participe na súa obra e complete a escena. A acuarela é o seu medio de expresión habitual, co que consegue que os seus temas alcancen cotas de luminosidade e transparencia, que rozan o virtuosismo. Todo pintando do natural, para que nada se escape, para que todo se sinta ou se intúa… Crea as súas paisaxes, fundamentalmente castelás, facéndoas vibrar a base de luz, cor, transparencias… plasmando a súa inmensidade e levándoas a cotas maxistrais. Ás veces detense e pinta motivos aparentemente accesorios, pero que dan sentido á totalidade da súa obra: portas, testos,… centran entón a súa atención para situarnos nun contexto rural e campesiño, que Eduardo valora especialmente. As súas papoulas, buganvillas de cores violentas sobre os ocres e pardos dominantes, fan vibrar con valentía a austeridade das súas paisaxes. Todo é calma e quietude nas súas paisaxes. Fronte a iso incorpora o movemento nas súas mariñas como trazo fundamental e exprésase aquí cunha grande austeridade de cor, limitándose en ocasións ao seu marabilloso gris de Payne, co que modela os seus temas con auténtica mestría. Son notables as súas agrupacións en series en pequeno formato, ás veces sucesións da mesma paisaxe, en que conxela o instante, normalmente expresión de máxima bravura. Os amantes da boa pintura esperamos e desexamos que, con esta nova exposición, manteña unha continuidade na mostra pública da súa obra para o deleite de todos. Alex Vázquez-Palacios


Entrada actualizada el el 30 may de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Eduardo Valladares. Ilusións renovadas

Eduardo Valladares. Ilusións renovadas

Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 14 abr de 2025 - 12 may de 2025 / Madrid, España

#VersionaThyssen XXII

Ver premios propuestos en España

Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España

PHotoEspaña 2025

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

Programa de Gestión Integral de Museos

Ver cursos propuestos en España