Jorge Castillo – Cortesía de Afundación
Evento finalizado
20
feb 2018
02
jun 2018

Compártelo en redes

Cuándo: 20 feb de 2018 - 02 jun de 2018
Inauguración: 20 feb de 2018 / 19:00
Dónde: Sede Afundación A Coruña / Cantón Grande, 8 / A Coruña, España
Organizada por: Fundación Galicia Obra Social (Afundación)
Artistas participantes: Jorge Castillo Casalderrey
Etiquetas:
Publicada el 13 feb de 2018      Vista 110 veces

Descripción de la Exposición

A Sede Afundación A Coruña abre as súas portas a unha nova mostra de arte, «Jorge Castillo. A visión dunha obra». Do 20 de febreiro ao 2 de xuño goza dun dos grandes mestres da pintura contemporánea europea da segunda metade do século XX, un dos nosos artistas máis internacionais. A exposición reúne un conxunto de pezas, a maioría pinturas, que fan referencia e sitúan os diferentes intres creativos de Jorge Castillo entre 1952 e 2017. Máis de medio século de actividade continuada e incansable que reflicte a singularidade e independencia do seu universo. O imaxinario da súa obra céntrase no debuxo e nunha extensa variedade de proxectos que amosan o seu talento na pintura, o gravado, a ilustración, a escenografía ou o cinema. Castillo observa o mundo cunha destacada vea poética e unhas calidades narrativas que é quen de levar aos seus cadros. Figuras illadas ou en grupo, actores, clowns, naturezas mortas, paisaxes urbanas, plantas, animais, mesas desestruturadas, inmortalizadas en escenarios intemporais, cunha particular gama cromática, encádranse nunha atmosfera irreal, nun espazo transitable coa súa propia particularidade vital. Nesta mostra que percorre a súa obra poderemos deternos nalgúns dos seus momentos creativos máis sobresaíntes, marcados por unha personalidade inqueda e viaxeira. Diferentes cidades de Europa e América foron a súa casa por intres e as súas pinturas deixáronse querer por cada unha delas, foron un marco para a súa obra, entrando nela non só como meras paisaxes urbanas, senón tamén como entes culturais, históricos, artísticos ou literarios. Bos Aires, Madrid, París, Barcelona, Xenebra, Boissano, Berlín, Nova York, Xerusalén, Ibiza, Helsingborg conforman un conxunto contrastado de culturas e paisaxes que o artista integra no seu universo creativo, mais sen renunciar á súa esencia. As inquedanzas estéticas e tamén éticas de Castillo pódense percibir en cada etapa do seu traballo, que foi ferramenta de reivindicación, de protesta cara a situacións que afectan ás vidas das persoas, de realidades políticas e sociais. A faceta humana do artista sae a relucir nas súas creacións. Para este proxecto expositivo temos a sorte de contar coa magnífica axuda do propio Jorge Castillo, quen nos puxo ao alcance o seu obradoiro de Madrid, os seus recordos e vivencias, opinións sobre aspectos das súas etapas vitais ou as súas preocupacións actuais, reflectindo a súa intensa implicación e unha enerxía fóra do común. Deunos a posibilidade de presentar unha exposición cun valor histórico especial.

Documentos relacionados

Actualizado

el 20 feb de 2018 por ARTEINFORMADO

Contactar

¿Quieres contactar con el gestor de la ficha?

Descubre más obras en ARTEINFORMADO

{{ artwork.title | limitTo:16 }}, {{ artwork.year }}
{{ artwork.artistName | limitTo:28 }}
Compártelo en redes

Exposición en promoción

Exposición en promoción

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

Más información

¡Suscríbase y reciba regularmente nuestro Boletín de Noticias del Mercado del Arte!

Suscribirme
volver arriba