Descripción de la Exposición
Afundación presenta a súa nova propsota expositiva en torno á colección de artes «Latexos na Colección de Arte Afundación», unha nova ollada sobre unha das coleccións de arte privadas máis importantes de Galicia e declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
Nesta nova revisión da Colección de Arte Afundación ofrécese unha ollada poliédrica sobre a súa diversidade, percorrendo as numerosas lecturas que permite unha colección desta riqueza e pluralidade. A exposición bascula entre un punto de vista vencellado á historia da arte, desde o que se amosan técnicas artísticas, diferentes estilos ou a conexión coa historia; e un punto de vista temático con que podemos percorrer Galicia ou viaxar polo mundo, ademais de descubrir as reflexións que agochan as obras contemporáneas máis aparentemente lúdicas, ao tempo que se destaca o papel da muller como representada e como artista. A mostra conta cun completo programa didáctico dirixido a escolares de todas as etapas educativas e no que están xa apuntadas máis de 2500 nenas e nenos.
Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España