Exposición en Ourense, España

Luz que nunca se apaga

Dónde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Cuándo:
20 dic de 2019 - 23 feb de 2020
Inauguración:
20 dic de 2019 / 20:00
Horario:
lunes a viernes de 11 a 14 h. y de 17 a 21 h. Sábados, domingos y festivos de 11 a 14 h.
Precio:
Entrada gratuita
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
Luz que nunca se apaga. Que título para unha exposición de pintura. Rítmico, denso, escuro, claro, literal, metafórico, luminoso. Luz que nunca se apaga. Non se pode explicar, non se pode entender, non se pode, só deixar que esta imaxe explote, ou treme intermitente como unha lámpada mal axustada, na cabeza do lector espectador, iluminando por un instante un espazo escurecido, iluminando para sempre un recordo de infancia. Agora podémolo chamar a porta das silvas, antes, como os bos terrores, non tiña nome e naqueles tempos darlle nome non ía sacar a ninguén dun problema. Cargaba todo o día coa súa gran carteira de neno de suburbio, sempre nos arredores dalgún lugar, pateando pedras nos escampados, cun pé a cada lado da liña. Deambulaba en terra de ninguén, cos deberes sen terminar, facendo equilibrios ás carranchas sobre unha cerca. E a porta era iso, só unha porta, apenas un lintel ... de pedra sostido por un pequeno tramo de muro, o único que restaba en pé dunha vella casa derrubada, ocupada toda a súa planta por espiñentos arbustos e matogueiras que crecían alí de forma desbocada, como se quixesen replicar en clave doente o volume interior da antiga vivenda. No van da entrada unha feble estrutura de táboas podrecidas e encurvadas, que nalgún afastado momento servirían de peche legal e de porta figurada á ruína, actuaba entón como barreira de contención da masa de silvas e xestas que, empuxando desde o interior, xa desbordaban o limiar. Iso era todo, non todo, tamén estaba anoitecendo, que pronto anoitecía nos canellóns da infancia, e a porta daba a un estreito camiño sen asfaltar que o neno debía cruzar cada tarde ao regresar a casa do colexio e o último poste cunha lámpada oscilante quedaba moitos metros atrás e as primeiras luces do barrio moitos metros por diante e na primavera as silvas florecían cuns minúsculos pétalos brancos que se axitaban na escuridade e entón a porta resultaba, se cabe, máis ameazadora. Luz que nunca se apaga. Luz que acariña, lambe, envolve, pinta as fachadas dos edificios desproporcionados e as casas autoconstruídas e as árbores destemidos do rural. Todos vimos algunha vez como o vento nocturno axita as ramas das árbores nos cadros de Juan Rivas, os máis atentos quizais puideron albiscar o voo puntillista, po de luz, das couzas orbitando somnámbulas unha lámpada displicente. Un instante antes andoriñas e morcegos apuraban os últimos charcos do ceo, agora as sombras que chegan, por adiantar traballo, van colocando as primeiras estrelas ou inclínanse para colgar a lúa nunha pena, pasa asubiando malicioso o vento, levanta as saias da noite, non leva roupa interior!, arroiba o horizonte, incéndianse as nubes, desde o bosque risa de curuxa. Paseando de noite por unha estrada escura todo pasa ao teu través, o vento e o asfalto e as montañas negras e os eucaliptos exército de sombras invasoras e os postes da luz e do teléfono e os cables, os peches, as cunetas, todo queda atrapado como nunha pintura ao óleo, capa tras capa, sentido acumulado, tempo vivido, un rastro de movementos lentos, de miradas atentas. E que raro estar outra vez no verán pasado, paseando de noite cos nenos polos camiños que rodean a casa alugada por un mes. Os cans ladran dunha noite a outra, respóndense de cadro a cadro. As nubes pesan. O chan renxe. Todo respira. Todo fala nestes cadros. O fondo é dunha cor intensa, sobre el as masas de pintura escura acumúlanse, fréganse, peléxanse, as sombras son siluetas de animais agrandadas polo terror, a noite vermella e ocre e azulada invade a paisaxe e crea un espazo de fantasía e pesadelo, o paseante esta só na noite, a luz illada no cruzamento de camiños é un lugar de refuxio pero tamén un espazo de enigma, un limiar, unha porta, un escenario onde o inesperado inclínase a suceder ou o imposible. Relatos de aparecidos de Quico Cadaval, estradas perdidas de Lynch e Mc Carthy, contos dos irmáns Grimm, fotos de Gregory Crewdson. Nos cruzamentos de camiños atópase o diaño, yes I went to the crossroad, que che conta os segredos da pintura escura, Goya, Strik, Solaina, de Almeida, Val-dés Leal. O negro de fume féndese, o vermello infernal da capa inferior quere saír polas gretas, pintura xeolóxica, cuestión de capas. Luz petrificada, luz que nunca se apaga, como a xanela vermella na noite azul mariño, vista desde o coche fugazmente de viaxe, borrosa na distancia, dubidosa, unha promesa, ou como esas xanelas que vemos camiñando por unha cidade descoñecida, unha pequena na campiña francesa ou unha megalópole en Asia. Ser dun lugar, estar aquí, coñecer e describir, ver o que ves, non ver o que outras persoas che din que vexas, pasear por Marín mirándoo todo, fixarche no ceo e nas casas, saír ao campo e contemplar as balas de palla e os sinais de tráfico e os anuncios e os clubs de estrada cando vas conducindo cara ao traballo e os campos de fútbol abandonados cando volves cara a casa e as casas que parecen librarías e as librarías que parecen casas e a ponte sobre a autoestrada e un piñeiro que se ergue solitario e a luz da tarde e a luz do mediodía e da noite, as luces escuras da noite, as amarelas luces da noite. Así Hopper e Katz e Latour e Vija Celmins e as xanelas de noite de Josephine Halvorson, tamén así Juan Rivas. Unha e outra vez repítese o misterio daquel cadro de Magritte, na casa é de noite e no ceo de día. Unha iluminación profana, un cruzamento de camiños onde algunha vez houbo un cruceiro e agora tan só un farol perdido. Pero hai mito, hai narración, hai moitas capas, Hansel e Gretel na casa da bruxa e os pastores adorando ao neno na noite fría de decembro e Dánae recibindo gozosa a choiva de ouro e a luz da neveira como sempre baleira e a partida de salteadores de camiños escamoteando os reflexos das súas dagas no relato que o neno le cunha lanterna baixo as sabas. Noite pechada, noite indescifrable, árbores ao bordo do camiño, onde as sombras largan amarras e renxen en silencio. Aglutinante luz, luz permanente. Luz que nunca se apaga. Xa nunca sairemos destes cadros, vagaremos durmidos cos ollos abertos polos camiños que trazan nas nosas circunvolucións visuais, nenos periurbanos que aínda habemos de pasar a proba da última revolta. Nunca deixaremos atrás eses escampados que nutriron a nenez de conectores, canellóns cegos das aforas, hoxe socavado campo de fútbol, mañá campamento de chabolas, franxa fronteiriza sempre en inacabada demolición, soar á espera, liberados xa os seus lombos da escravitude das colleitas, inmune aínda ás chagas do formigón e os cimentos, herbas raras e terra dura, pisada en roda de proscritos polos torpes rituais da infancia, sacrificios veniais entre matogueiras e cascotes. E a luz da tarde sempre iluminando este momento último do xogo, as nais que chaman desde as xanelas, é a hora para cear, non queremos volver, o tempo detense na luz conxelada, nun Campo de Venecia os cidadáns da República forman pequenas rodas discutindo intercambiando negociando as súas vidas e as doutros, nunha rúa de Manhattan un neno corre á tardiña batendo a marca mundial de velocidade e é adiantado polo seu irmán maior Seymour que lle di mozo, vaia susto déchesme, estabas a correr como un tolo, encima da mesa dun piso de Bolonia un pintor contempla ensimesmado as cuncas vasos xerras lámpadas de aceite colocadas moi xuntas expectantes na mesa do seu estudo, os obxectos abrázanse, teñen medo, a noite cae, cae continuamente, xa case non se ve nada, só queda un farol aceso ao final do dique, fundida no mar e na noite, ineludible modalidade do visible, luz que nunca se apaga. Ángel Cerviño – Ignacio Pérez-Jofre

 

 

Entrada actualizada el el 19 dic de 2019

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
13 abr de 2024 - 25 may de 2024

Galería Elba Benítez / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones