Inicio » Agenda de Arte

Maruja Mallo. Vinte almas

Exposición / Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Ver mapa


Cuándo:
08 jun de 2017 - 03 sep de 2017

Inauguración:
08 jun de 2017 / 20:00

Precio:
Entrada gratuita

Organizada por:
Museo Provincial de Lugo

       



Documentos relacionados
pdf Folleto

Descripción de la Exposición

Maruja Mallo, José Vázquez Cereijo, Antonio Rodriguez Luna, Benjamín Palencia, Vlady Serge, José Caballero, Toyen, Luis Seoane, Eugenio Granell, Pablo Picasso, Joan Miró, Alberto Sánchez, Juan Ismael, Félix Fernández, David Catá, Montse Rego e Renata Otero Cando a Maruja Mallo lle preguntaron que visión tiña dos artistas do seu tempo, dixo de Picasso que era “o gran delator” do século XX e de Dalí que era “a figura surrealista, pero bastante vulnerable”. Non obstante, cando lle pediron que se definira a si mesma, utilizou unha expresión que xa empregara Ramón Gómez de la Serna para referirse á artista: que ela tiña “catorce almas”. Máis, aínda, tras habelas asimilado, a artista afirma ter vinte almas. O Museo provincial de Lugo e a Deputación provincial representan as raíces de Maruja Mallo como eixo facilitador e contedor dun importante legado da artista que xorde dunha estreita relación, provocada pola concesión da bolsa que levará a artista a ampliar a súa formación na capital do estado, provocando unha eclosión, non só creativa, senón de contacto coas figuras fundamentais da vangarda. En certo modo, Galicia sempre estivo presente nas súas obras: dende as Verbenas ata as Máscaras pode percibirse a sombra do fogar. Precisamente por iso, reúnense aquí tanto os traballos da artista como os dos seus amigos artistas e intelectuais máis próximos. Do mesmo xeito, préstase tamén especial atención a catro artistas do noso tempo que comparten lugar de nacemento con Maruja Mallo. Esta exposición acolle obras de artistas que foron claves na vida e na produción de Maruja Mallo, tales como Picasso ou Joan Miró —a quen Maruja Mallo considera un heroe que loitou polo seu traballo—, así como os seus compañeiros da Escuela de Vallecas, como Benjamín Palencia ou Alberto Sánchez; ata exiliados galegos como Luis Seoane ou Eugenio Granell. A mostra consiste nunha revisión da obra da artista a través de pezas que forman parte de coleccións galegas, sexan públicas ou privadas. Tendo en conta que a Fundación Eugenio Granell se conforma como un dos centros do surrealismo máis importantes, a nivel internacional e nacional, establécese un vínculo entre a proposta plástica de Maruja Mallo e moitas das obras que conforman a colección surrealista de Eugenio Granell. Neste senso, a exposición articúlase a través de obras de artistas coetáneos, como Alberto Sánchez (Mujer Castellana, 1975) ou Benjamin Palencia (sen título, 1935), cos que a artista de Viveiro compartiu experiencias e unha profunda amizade. Inclúese tamén un retrato realizado, en 1941, por Vlady Serge de André Breton, este último mercaría a súa grande obra Espantapájaros (1931). Por outra parte, inclúense pezas como Las dos hermanas (1934), de José Caballero; Tête de Faune (1962), de Pablo Picasso; Dos personajes (1934), de Antonio Rodríguez Luna; sen título (sen data), de Juan Ismael e a obra Composición (sen data), de Joan Miró. A muller xoga un papel fundamental dentro do panorama artístico da vangarda relacionando a contribución plástica de Maruja Mallo coa doutra artista que nace ao igual que Mallo, no 1902, trátase de Toyen, que viven as transformacións do seu tempo, onde o contexto da arte está dominado maioritariamente por homes. Eugenio Granell preséntase na mostra con pezas en homenaxe á propia Maruja Mallo: La sorpresa del trigo (1945) e o bosquexo desta, así como outro material documental sobre esta peza. Trátase dunha achega complementaria onde Mallo serve como referente inspirador do feito creativo. A relación dos dous artistas trae consigo amosar a carpeta de litografías Mallo que a artista realiza en homenaxe á Revista de Occidente, en cuxos salóns realizara a súa primeira exposición no 1928 e que Granell adquire para formar parte da súa importante colección surrealista. Esta nova lectura do traballo de Maruja Mallo nace dunha estreita relación interinstitucional, establecendo conexión co propio Museo Provincial de Lugo, a Fundación Abanca, Afundación ou a Fundación Luís Seoane. A mostra complétase coa achega de catro artistas contemporáneos, todos eles nados en Viveiro, ao igual que Maruja Mallo. Trátase dos proxectos de Montse Rego, Renata Otero, Félix Fernández e David Catá. Para rematar, a exposición contará cun destacado apartado documental a través de materiais pertencentes a distintas institucións galegas e coleccións particulares, destacando o importante legado de Vázquez Cereijo-Anne Nikitit.


Entrada actualizada el el 15 jun de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Maruja Mallo. Vinte almas

Maruja Mallo. Vinte almas

Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 01 abr de 2025 - 18 may de 2025 / Bilbao, Vizcaya, España

II convocatoria Comisariado de la Colección BilbaoArte

Ver premios propuestos en España

Exposición. 14 may de 2025 - 08 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Néstor Reencontrado

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

Programa de Gestión Integral de Museos

Ver cursos propuestos en España