Exposición en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Ângela Ferreira. Talk Tower for Ingrid Jonker

Dónde:
Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Pérez Costanti 12 bajo / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
02 nov de 2017 - 10 dic de 2017
Inauguración:
02 nov de 2017 / 20:00
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Documentos relacionados:
Descripción de la Exposición
Con esta exposición Ângela Ferreira realiza unha homenaxe á poetisa surafricana Ingrid Jonker (1933-1965), que se suicidou na praia en Three Anchor Bay (Cidade do Cabo), e que loitou cos seus poemas pola individualidade e as liberdades dos surafricanos durante o “apartheid”. A exposición, titulada Talk Tower for Ingrid Jonker, está producida en colaboración con Appleton Square de Lisboa e en colaboración coa galería Filomena Soares, que representa á artista. En Talk Tower for Ingrid Jonker, a réplica dunha torre de radio, cuxa estrutura alude directamente á forma construtivista da torre deseñada por Alexander Shukhov e construída preto de Moscova en 1920, reproduce o poema “The Kind” (“O neno”) recitado por Nelson Mandela en maio de 1994 no acto inaugural do primeiro parlamento democrático en Sudáfrica. O poema, escrito en Afrikáans, supuxo un berro á liberdade, os dereitos humanos e a democracia, e serviu a Jonker para inmortalizar o momento no ... que un neno negro morreu por mor dunha bala na cabeza a mans das tropas en Nyanga. A torre, que forma parte dunha serie iniciada por Ângela Ferreira en 2008, foi inicialmente pensada para ser instalada na zona na que Ingrid Jonker penetrouse no mar por última vez. Finalmente, é a fotografía da costa de Cidade do Cabo a que fala dese momento nun xogo irónico onde ao fondo albíscase o cárcere de Robben Island. Este traballo é característico da obra de Ângela Ferreira na forma en que combina as súas preocupacións ao redor das consecuencias materiais do modernismo e a maneira na que as formas evolucionan en canto viaxan polo mundo. A estrutura forma parte dunha serie de torres que Ferreira iniciou en 2008. Nada en 1958 en Maputo, Mozambique, Ângela Ferreira creceu e estudou en Sudáfrica, obtendo a súa MFA pola Michaelis School of Fine Arts, Universidade de Cape Town. Actualmente traballa dando clases de Belas Artes na Universidade de Lisboa, cidade na que reside. A obra de Ângela Ferreira está relacionada co impacto actual do colonialismo e o poscolonialismo na sociedade contemporánea, un traballo que leva a cabo a través dunha investigación profunda e a destilación de ideas en formas concisas e resonantes. Ângela Ferreira representou a Portugal na 52ª Bienal de Venecia en 2007 cun proxecto no que continuaba as súas investigacións sobre as formas en que o modernismo Europeo adaptouse, ou fracasou en adaptarse, ás realidades do continente africano trazando a historia da “Maison Tropicale” de Jean Prouvé. Recentemente foi merecedora do premio Novo Banco Photo Award 2015, un dos máis prestixiosos de Portugal. Actualmente é representada pola galería Filomena Soares de Lisboa.

 

 

Entrada actualizada el el 31 oct de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
26 abr de 2024 - 30 jun de 2024

Fundación Juan March / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones