Exposición en Ourense, España

O lugar intermedio

Dónde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Cuándo:
04 mar de 2022 - 17 abr de 2022
Inauguración:
04 mar de 2022 / 20:00
Horario:
De lunes a viernes de 11 a 14 h. y de 17 a 21 h. Sábados, domingos y festivos de 11 a 14 h.
Precio:
Entrada gratuita
Comisariada por:
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
Existen lugares fisicamente habitables e existen outros aos que só podemos acceder desde a memoria, a imaxinación ou o desexo. A obra de Consuelo Chacón xera pontes entre estas dúas percepcións (as dúas igual de reais) sobre o espacial, coa vontade de ofrecernos outras formas de construír intersubxectividade e de morar no mundo. O lugar intermedio alude ao espazo que determina a autonomía das cousas, a vacuidade entre elas e a súa potencial tensión, que se configura por diferentes planos de realidade. Trátase de, como fai notar Foucault: “pregar a liña para chegar a vivir nela”, establecer un crecemento non por expansión, senón por procesos continuados de acumulación e síntese: pregue sobre pregue, memoria sobre soño, sobre experiencia; configurando un lugar a medio camiño entre o físico e o suprasensible. Esa tensión, que se sitúa no “entre”, é precisamente da que esta exposición nos invita a participar, xunto ás súas esperanzas ... e aos seus medos. A preocupación de Chacón pola permanencia do espazo deriva da ansiedade e da hiperactividade actuais, onde a nosa xestión da velocidade ou a sobreinformación anulan a experiencia vital e a comunicación fértil, producindo formas de relacionarnos cos distintos ámbitos que impiden recoñecernos neles, velos desde posicións non utilitarias ou non especulativas. A construción dun lugar que se opoña a esta visión xorde aquí dunha acumulación de experiencias, imaxes e proxeccións relacionadas cos espazos vividos que se fragmentan, superpoñen e reconfiguran en estruturas a cabalo entre o fotográfico, o escultórico e o arquitectónico: artefactos potenciadores de emoción, reflexión e sobre todo: diálogo. Un diálogo das obras co espazo expositivo, a través da transparencia e o oco: características esenciais na obra da artista, que permiten a porosidade a través da cal se xera unha respiración imprescindible para a aparición dos lugares intermedios. Precisamente a partir do poroso, toma protagonismo a luz, que na obra de Consuelo existe sempre grazas á sombra. Sombra da espesura, densidade crecente… Aliviada por fugas de claridade a través das que circula o vivo. E un diálogo interno entre as diferentes imaxes e planos, ausencias e presenzas que se solapan en cada peza, que resignifican a relación “dentro-fóra” non como dúas categorías simplemente complementarias e diferenciadas, senón máis ben como o limiar que conecta perspectivas relacionais. Un limiar, multiplicado, unha galería de limiares que se suceden ata o infinito e xeran unha atmosfera en permanente transformación, da que a audiencia aquí forma parte. Este é o lugar intermedio. Mario Guixeras comisario

 

 

Entrada actualizada el el 01 mar de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan básico

Si eres artista o profesional… ¡Este plan te interesa! (y mucho)

  • Sube y promociona eventos y exposiciones que hayas creado o en los que participes ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • Podrás publicar (y también promocionar) hasta 100 obras tuyas o de tus artistas. ¡Conecta con tus clientes desde cada una de ellas!
  • Disfruta de acceso a todo el contenido PREMIUM y al Algoritmo ARTEINFORMADO (Ecosistema AI e Indice AI de Notoriedad de artistas iberoamericanos).
  • Mantendremos actualizada tu perfil o la de tus artistas. Además, podrás contactar con los gestores de otras.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
13 abr de 2024 - 25 may de 2024

Galería Elba Benítez / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones