Exposición en Ourense, España

Oxímoron. A árbore da vida

Dónde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Cuándo:
20 ene de 2022 - 13 mar de 2022
Inauguración:
20 ene de 2022 / 20:00
Horario:
Lunes a viernes de 11 a 14 h. y de 17 a 21 h. Sábados, domingos y festivos de 11 a 14 h.
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición
Golpe a golpe No Renacemento, o máis destacable non era que o artista se convertese nun observador da natureza, senón que a obra de arte se transformase nun estudo desta. “A medida –relata Arnold Hauser- que a sociedade e a economía se liberan das cadeas da doutrina da igrexa, a arte vólvese con rapidez progresiva cara á realidade”. “Unha realidade en modo inmediato, sen nin sequera quedar abraiado ante o fisiolóxico e bestial, reducindo esta a un feito privado de significado ningún”, son os riscos. “Aspectos destrutivos do naturalismo”, que diría o filósofo Whilhelm Dilthey. Polo bosque Cae a tarde, escurece. Unha brisa suave discorre entre as árbores, perfila as pólas, axita as súas follas. Cada exemplar parece máis nobre que o anterior. O aire avanza entre eles coma se se tratar de deixarse seducir polo máis belo, o de maior envergadura. Ao bosque envólveo a noite; talvez non sexa máis que unha ... escusa. O ocaso da tarde, a contraluz das pólas entrelazadas nun ceo azul anil desvélase na improvisada sinfonía sonora de quen habita no seu interior; na súa maioría, paxaros que copan as cimas das árbores. Tamén outras voces. A vida é xogo Sobre un gran mesado, un grupo de figuras entréganse ao xogo do amor, rebuldan entre si sen preámbulos e sen outra causa que se afaste do gozo. A escena, ambigua, é contemplada por media ducia de figuras a ambos os lados, homes e mulleres cubertos por unha pintura casta que os identifica, en actitude de espera, coma quen agarda a vez; eles tamén queren participar. 375 figuras miúdas saltando, correndo de aquí para aló. A escena de por si é sorprendente. É coma se un ser superior lles inoculase a vida e as soltase na sala. Entre elas desátase a loucura, unhas están berrando, outras collen impulso, elévanse; hainas tamén amándose, alleas a calquera perigo, coma na vida mesma. O pequeno exército déixase levar como partícipe dunha estraña cerimonia en que cadaquén interpreta o seu papel. “O xogo –segundo Gadamer- imponlle as súas propias regras a quen participa nel” e onde son posibles distintas opcións. Estes seres coñecen o xogo. E déixanse levar. O artista míraos impávido, coma se foren os seus propios fillos, que non o son. O conxunto A árbore, historicamente, pola ductilidade da súa madeira, é materia coa que as persoas representaron os seus soños e anhelos. As árbores coas que o artista traballa tamén foron bosque. Aínda que a el chegasen recicladas doutros usos, Álvaro sempre tivo esa querenza. O artista labra o tronco, golpéao preciso, a súa mente xa sabe o que habita no seu interior, é cuestión de tempo. Golpéao firme, o machado afiado desbasta a madeira ata alcanzar a forma. A figura déixase entrever, semella inquieta, desexando ser ela mesma. “A árbore da vida”, de Álvaro de la Vega, é unha grande escenificación onde a humanidade representada vaga libre de pecado como o mito ao que alude. Figuras xoviais, tenras, ensimesmadas, hipnotizadas polo momento, polo frenesí dun mundo despreocupado dos problemas. E a dicir verdade, así, a quen lle importa o mañá? Tamén o corpo O corpo é a cuestión, o tema: o corpo humano como campo de batalla. Golpe a golpe, perfilando cada figura coa nobreza do oficio e a curiosidade infinita do artista atento. Golpe a golpe. Dar vida co machado, co instrumento mesmo co que outros a quitan. O artista faino con destreza desde neno, como cando alimentaba os soños cos troncos que quentaban a panadería da familia. Son pezas expresivas, dun primitivismo rabioso; intúese a figura humana, pero son esculturas, non réplicas, por iso invocan a vida. En “A árbore da vida” evoca, como non, a árbore do coñecemento do ben e do mal, o Xardín do Edén, do Xénese 2-3, onde Adán e Eva, espidos, caen na tentación enganados pola serpe. Toda unha mensaxe católica, a mesma que a iconografía relixiosa perpetuou durante séculos nos arcos e pórticos das igrexas, a modo de advertencia seria do perigo de calquera tentación mais tamén é recollido por todas as relixións, tradicións mitolóxicas ou filosóficas. A escultura A tradición da escultura figurativa non é un camiño moi transitado na arte contemporánea, aínda que hai un nutrido número de artistas moi significativos. Un ten en mente a Bourgeois, a Stepehen Balkenhol, Antony Gormley, por expresalo nunha breve nómina de artistas. Álvaro coñéceos ben a todos eles pero segue –sempre o fixo- as súas propias premisas, tamén esta aposta polo escenográfico como forma de ampliar os mundos aquí representados. No deambular entre as figuras no seu frenético divertimento, o autor fainos cómplices, completando o xogo, tamén a peza. A escultura bebe da figura e da realidade humana. De la Vega indaga a esencia da condición humana, no seu existir anhelante, as súas pulsións eróticas; no xogo. Seres que, como no principio dos tempos, se entregan ao desexo e á tentación da carne; personaxes que son escravos das súas emocións: “quen estea libre de pecado que tire a primeira pedra”. Troula Álvaro de la Vega sempre profundou na Historia da Arte, na Mitoloxía e nas proxeccións filosóficas. Tomouno como referente necesario. Se noutras ocasións pousou a súa mirada en Géricault, agora semella inspirala nun fragmento do “Xardín das delicias” do Bosco. Tamén aquí é libre o universo simbólico recreado, cada unha e cada un de nós, espectadoras e espectadores, completaremos o revivido ata onde esteamos dispostas e dispostos a soñar. Na escena inicial do Bosco, onde o Deus creador suxeita o pulso de Eva baixo a mirada dun Adán deitado, aparece a Árbore da Vida, unha árbore exótica, un drago; nun segundo plano, unha árbore do ben e do mal, onde está presente a serpe tentadora. O conxunto está repleto de animais voadores, réptiles e insectos, representantes do pecado masculino e feminino. A peza de Álvaro sintetiza ben ese mesmo pensamento. A última das escenografías representadas por Álvaro de la Vega non é o inferno do “Xardín das delicias”; neste caso, todo é máis terreal, coetáneo, é a máis aproximada ao noso tempo, a denominada “*La ola”. 75 figuras en actitude de “*facer a ola”, tan habitual nos eventos deportivos do noso tempo. Figuras que nun momento determinado se elevan sobre si mesmas e alzan os brazos eufóricos en sintonía cos que están xunto a el. Poucas veces na historia desta sala, unha exposición alude desta maneira a temas tan recorrentes e universais, unindo a mestría escultórica de Álvaro cunha lectura viva do relato. Ao final adentrámonos no bosque, no fragor da noite escura escóitase a voz dos seus moradores. José Paz

 

 

Entrada actualizada el el 17 ene de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Plan básico

Si eres artista o profesional… ¡Este plan te interesa! (y mucho)

  • Sube y promociona eventos y exposiciones que hayas creado o en los que participes ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • Podrás publicar (y también promocionar) hasta 100 obras tuyas o de tus artistas. ¡Conecta con tus clientes desde cada una de ellas!
  • Disfruta de acceso a todo el contenido PREMIUM y al Algoritmo ARTEINFORMADO (Ecosistema AI e Indice AI de Notoriedad de artistas iberoamericanos).
  • Mantendremos actualizada tu perfil o la de tus artistas. Además, podrás contactar con los gestores de otras.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones