Descripción de la Exposición O Museo Municipal desde hai anos está traballando con moito arraigo no proxecto municipal dos Nosos Artistas. Deste xeito a obra inesperadamente diferente do ourensán, Rafael Terrachán, forma parte na procura da firmeza deste proxecto museístico. Artista plástico que ademais presenta unha función integradora constante e presente nas súas obras, converten a súa obra na consecuencia da forma de vivir pola Arte. Son máis de medio centenar de obras nas que atopamos grande cantidade de reminiscencias co vivo, orgánico, tendencia esta preponderante en grande parte da arte europea, xa que está a rescatar constantemente a conciencia de estar vivo, con tonalidades frías, duras, ríxidas, de formas puras e profundas . Finalizando o período primaveral do 2013 imos gozar, estudar e, como non, viaxar polo tempo e pola Arte deste ourensán de sangue artístico que desde hai moi pouco está entre nós co mellor legado que nos pode facer un creador... coa súa testemuña artística. Pintor expresivo, xestual e enérxico que nos propón a existencia dunha experiencia persoal por parte do artista cara ao espectador. Nesta ocasión mostramos unha selección de traballos de toda unha vida, con formatos e soportes coidadosamente estudados que nos permiten coñecer e descubrir máis do Terrachán artista, no Museo de todos os Ourensáns.
Premio. 01 abr de 2025 - 18 may de 2025 / Bilbao, Vizcaya, España
Exposición. 14 may de 2025 - 08 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España