Exposición en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Tic, tac...

Dónde:
A.dFuga / Preguntoiro, 28 / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
20 abr de 2012 - 03 jun de 2012
Inauguración:
20 abr de 2012
Comisariada por:
Organizada por:
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición

Tecer historias.

 

Suturar vellas feridas.

 

Enfiar a agulla e romper o silenzo.

 

Remendar aqueles rotos que baleiraron parte da nosa herdanza, permitindo o esvaecemento de moitos faces de luz.

 

Tic, tac, tic, tac...

 

O fío do tempo vai vencellando estratos, tecidos, imaxes e recordos.

 

Vai pronunciando verbas. Tamén fai afogando sons.

 

Laura Piñeiro enfía nesta mostra a agulla anacrónica da historia, para chamar a atención sobre as marxes, sobre ese espazo do entre, entre os pespuntes. Porque é alí onde residiu sometida a actividade artística de moitas mulleres ó longo da historia. E ó mesmo tempo, ese trazar ... de círculos concéntricos, que discorren da man de Chronos, recolle a estela de moitas artistas, que transformaron esas ferramentas opresivas, propias das tarefas 'femininas' dende una clave historicista, en 'puntadas' de subversión, nun novo camiño ó relacionar o acto de coser coa historia social das mulleres. Mediante este qué facer, reflexiona as cambiantes ideas de feminidade e os papeis adscritos ás mulleres.

 

A través da peza Ambliopías da historia, ese nomes esvaídos, pousados no esquecemento, son pronunciados un a un, ritmicamente, amosando unha cadencia adormecida, a modo de arquivo, que reescribe un discurso sepultado durante séculos.

 

A ausencia fálanos desas capas da historia que se foron urdindo baixo a ollada coercitiva de aqueles que tiñan o poder. O poder de non pronunciar. O poder de non recoñecer.

 

A modo case dunha orfebre téxtil, as súas puntadas delicadas, nunha sorte de precisión quirúrxica, remexen no mundo da costura para por de relevo e reividicar a expresividade estética da mesma, cos materiais que suxiren un mundo de sensacións táctiles e visuais relacionadas case con experiencias corporais. Un corpo feminino que se presente tecendo infatigablemente unha historia, o seu propio relato, que sempre foi contado dende ollos alleos. A través do Canto de Filomela, esas voces fuxen da escuridade, trocando a penumbra por un halo de esperanza.

 

A figura de Filomela, nunha tentativa de visibilidade e supervivencia, utiliza o fío para materializar a súa voz reducida á nada, aniquilada, como vehiculización encuberta da súas mensaxes de esperanza. Nesta obra atisvo certas reminicencias conceptuais coa obra de Louise Bourgeois, na súa reflexión sobre a dor, o silenzo e a denuncia da violencia cara a muller, dende un plano no que a mitoloxía e as teorías feministas se solapan.

 

Unha sorte de fíos que discorren enredando historias autobiográficas a través das correspondencias transferidas tamén confire a instalación Cartografías de aqueles mares. Os pequenos lenzos son engarzados pola artista como paraxes transitorios, soporte temporal, lugar de paso ou demora das verbas, onde Laura realiza as súas labores de agulla: a partir dunha reconstrución analóxica do legado da súa familia, transfórmase en testemuño vivencial dunha realidade social doutros tempos, que a pesares das palpables diferenzas en canto ós medios, paradóxicamente non difire moito da actualidade en certos aspectos referentes á liberdade.

 

Agullas, fíos, febras, alfinetes... as armas da loita repousan sobre o chan da batalla; o sabor da vitoria non semella doce; son certamente vestixios de amargor e a quimera do triunfo disípase con feitos.

 

Pero os fíos aflúen nunha rede que xa se comezou a coser.

 

É o propósito de entretecer as vergas do tempo, restituíndo vellas conversas coa memoria, xa nomea aquelas voces afogadas nas augas privativas da historia.

 

As voces volven resoar...

 

Tic, tac, tic, tac...

 

 

 
Imágenes de la Exposición
Laura Piñeiro

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones