Exposición en Ourense, España

Un mar de libros

Dónde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Diputación de Ourense) / Rúa Progreso, 30 / Ourense, España
Cuándo:
11 mar de 2022 - 01 may de 2022
Inauguración:
11 mar de 2022 / 20:00
Artistas participantes:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
Entre natureza e cultura Antón Castro: Comisario e Crítico de Arte Cando un se enfronta á pintura de Isabel Pintado e aos seus libros de artista é imposible non transcender a consideración de idea de xénero formalista que o acto de pintar implica na dimensión máis clásica do cadro, para alcanzar un campo amplo de suxestións que inevitablemente nos leva á multiplicidade emocional, onde se esconde non só o feito creativo que nos fai pensar, senón tamén o incuestionable ritmo da poesía visual. Cun Mar de libros, a artista réndelle un tributo á pintura dende ocorazón do mellor dos símbolos, o libro, o máis asombroso dos instrumentos do que dispón o home, segundo Borges. Porque, para él, o libro era a extensión da memoria e da imaxinación, unha das posibilidades de felicidade que ten o ser humano. E no paradoxo borxiano de que un libro só o pode enriquecer e completar o lector, concepción ... non afastada do Duchamp que cría o mesmo da obra de arte -todo cadro está feito polos que o miran-, querería situar o enigmático encontro de Isabel Pintado cos libros, en tanto que a artista se reafirma máis na atmosfera das preguntas que subxacen no seu exercicio de confrontación natureza-cultura, que no das respostas: conciencia de autenticidade, quizais reflexo do sentimento existencial que explica a súa devoción pola pintura, tal como a entende un dos seus grandes referentes internacionais, Gerhard Richter, cando nos di que se é presa desta bendita obsesión, mesmo cres que podes cambiar o mundo grazas a ela, pero se renuncias a esa paixón non haberá nada que facer… Así vexo discorrer a conciencia sinestésica que trastorna sensaciónse reverte os sentidos na centralidade do libro, fonte de estados emocionais en virtude da cor (O libro rosa, Pensamento vermello, Chuvia azul) ou dunha simbólica luz (Aliceres de luz, Nocturno, Libros ao aire, Bosque de luz…) que nos remite ao paisaxe-natureza (incluíndo ao propio libro) como un estado da alma, ofrecéndonos unha maneira de percibir o tempo -así o fixeron os románticos- e o seu tránsito. Un acto de amor que outras veces me remite á literatura en estado puro no seu Soedade das letras, Xardíns de libros ou Contos de inverno, que, sen querer, me lembra aquela marabillosa fábula entre máxica e surreal de Mark Helprin, baixo a luz amortuxada e o peso do frío inverno de Nova York. Ou aos meus versos memorizados do primeiro poema do The Waste Land de Eliot, onde o vento inoído cruza a terra parda… Unha remisión sentida entre a sobriedade cromática e velada de verdes, azuis, grises, brancos, rosas e dourados tenues, diluídos no aire fresco de calquera momento, de calquera estación, percorridos, ás veces, polo leve toque do grattage ou dunha escritura que podería reafirmar a obra, segundo a filosofía de Cy Twombly, como pegada indeleble de acontecementos. Reforzando o papel das súas atmosferas e a xestualidade dos seus espazos, Isabel Pintado terminará por integrar a iconografía dos seus libros, asimilados finalmente pola profundidade diluída da paisaxe, no amplo poemario lírico ao que somete o seu proxecto expositivo, como un todo, incluíndo os seus exquisitos libros de artista ou libros intervidos: un modelo que escenifica de maneira ideal, e en termos pictóricos, o debate entre natureza e cultura. A súa homenaxe ao libro -un libro lese para a memoria, insistía Borges- o é tamén á nosa identidade cultural e espiritual nun tempo estético definido agora, e dende sempre, pola procura da beleza, a aspiración ao sublime, a perda da inocencia e o rescate moral, “os catro alicerces que rexen a mesa na cal o artista senta para xogar a súa partida”, alicerces que definen igualmente o proxecto artístico de Isabel Pintado.

 

 

Entrada actualizada el el 18 mar de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
12 sep de 2023 - 08 oct de 2023

Madrid, España

Exposición
22 sep de 2023 - 10 nov de 2023

Fundación RAC (Rosón Arte Contemporáneo) / Pontevedra, España

Formación
Exposición Online
16 nov de 2022 - 15 nov de 2023

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones