Descripción de la Exposición ------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------- O mundo do viño outorgou, historicamente, á muller un papel secundario e, moitas veces, anónimo. A produción, salvo excepcións como algunhas viúvas que herdaron bodegas de champaña ou bodegueiras actuais, estivo controlada e dirixida por homes, tamén no caso de sumillers e expertos. Tocante ao consumo, houbo incluso tempos en que estaba mal visto que as mulleres consumisen viño. A pesares disto, é, tamén, ben certo que as mulleres estiveron ligadas á viticultura e, aínda que non haxa moita documentación que o reflicta, atopáronse algúns documentos que dan fe da súa participación na colleita e pisada da uva. Existía unha regulación que facía explícita a prohibición do consumo do viño par parte da muller, pero aínda así son incontables as obras artísticas que representan bacanais nas que as damas se deixaban embriagar gozosamente. A exposición «Unha copa para dous. A muller a través da cultura do viño», presenta ao público galego un fascinante percorrido que pon de relevo a íntima relación entre a muller e o viño, desde diferentes perspectivas: traballadoras, musas, consumidoras transgresoras, etc. Trata, así mesmo, de proxectar, a través de obras de Picasso, Chagall ou Paula Rego, os testemuños do seu traballo e a súa íntima relación co mundo do viño. A arte, a mitoloxía, a relixión, o folclore e mesmo feitos cotiáns deixan constancia desta relación. Todas as pezas expostas pertencen á extensa colección privada das bodegas Dinastía Vivanco: obras pictóricas, esculturas, filatelia, tallas, fotografías e obxectos habitualmente presentes na viticultura como botellas, sacarrollas e etiquetas. A mostra está dividida en cinco partes: «O traballo», «A memoria feminina do viño», «Beber entre as mulleres», «O reflexo na arte» e «En femivino». O traballo. Reúne unha serie de pinturas, selos e billetes de diferente procedencia, cuxa temática xira arredor da fase produtiva: a vendima, na que a presenza feminina foi frecuente, os traballos na bodega e a cata. Na produción a muller encargábase de cortar os acios e de ofrecer abastecemento á familia. A bodega foi, ata hai pouco tempo, un terreo vedado ás damas, nos últimos anos do século xix coa modernización da industria vitivinícola, as mulleres comezaron a realizar tarefas de embotellado, etiquetado e colocación das botellas dentro de mallas. Entre as pezas que dan contido a esta sección, atopamos varios gravados e algúns óleos que mostran mulleres portando cestos de uvas, probando o mosto ou servindo viño nas cantinas. A memoria feminina do viño. Esculturas, tallas, obras pictóricas e unha crátera grega na que aparece a representación dun séquito de damas en honor de Dionisio transfórmanse en pezas vivas que expresan a importancia da figura da muller asociada ao viño. Ofrece un especial interese a Virxe da Viña, unha talla policromada da escola castelá do século xvi. Beber entre as mulleres. Un gravado do xviii de Jacques Firmin Beauvarlet lévanos ao ámbito da clandestinidade na que as señoras debían esconderse para poder gozar dunha copa de viño. Xa desde a antigüidade, o consumo do alcohol entre as mulleres foi censurado. Unha idea diferente nola ofrece o óleo de Luis Caulery, cuxos trazos representan unha bacanal nun escenario bucólico, así é que, a pesares das normas e códigos éticos, algunhas transgredían e consumían a bebida dos deuses. Este bloque expositivo complétase cunha serie de botellas que manifestan o consumo do produto por parte das mulleres. O reflexo na arte. A muller tamén foi musa inspiradora e artista na transfiguración da sensualidade exacerbada polos taninos. Nesta sección reflíctese isto a través dunha litografía de Marc Chagall, que representa unha parella ante una botella de viño,a través dunha bacanal co selo de Picasso. Hai tamén obras de máis recente cronoloxía como as de Paula Rego, Mel Ramos ou Carlos Franco. Acompaña estes artistas unha colección de 15 curiosos sacarrollas. En femivino. Un xogo de palabras dá título á última sección da exposición, que inclúe unha peza audiovisual que mostra a paulatina incorporación da muller ás tarefas da bodega, produto dos avances e especialización da industria a finais do século xix. O proxecto expositivo complétase coa publicación Unha copa para dous: relatos de muller e viño que tamén edita a Fundación Dinastía Vivanco. Reúne un total de sete historias orixinais e inéditas, inspiradas no mundo do viño, asinadas por destacados autores, nacionais e internacionais, de actualidade como Rosa Regàs, Lorenzo Silva, Espido Freire, Juan Cruz, Juan Manuel de Prada, Boris Izaguirre ou Vetle Lid Larssen. Eles foron capaces de convocar as musas para que dancen en torno ao viño e deixen, a través da súa linguaxe, a súa particular perspectiva sobre a íntima relación entre muller e viño.
Una exposición de la Fundación Dinastía Vivanco que rinde homenaje al papel de la mujer en la cultura del vino.
Premio. 01 abr de 2025 - 18 may de 2025 / Bilbao, Vizcaya, España
Exposición. 14 may de 2025 - 08 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España