Descripción de la Exposición
Do 18 de febreiro e ata o 6 de marzo permanecerá aberta ó público no Sexto Edificio esta exposición solidaria organizada por Proxecto Home Galicia e comisariada en Pontevedra por Antón Sobral e Taller Abierto.
A exposición pretende, por unha banda, amosar o respaldo que os artistas plásticos dan aos proxectos que, coma este, traballan para dar resposta a problemas sociais, como a drogodependencia, aínda sen resolver, e por outra, acadar fondos que contribúan á tarefa que desenvolve Proxecto Home Galicia.
Aínda que non se parte dun proxecto unitario de exposición desde o punto de vista artístico, si que o é polo feito de ter como soporte o sentimento solidario dos artistas que nela participan, pola atención que a Organización pon na calidade das obras doadas, co fin de estar á altura das pasadas edicións. Ademais, búscase potenciar a representatividade dos artistas nas diversas localidades onde a exposición estivo presente: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Lugo, Ourense e agora en Pontevedra, lugar onde dará peche esta VII exposición Arte e Solidariedade Proxecto Home.
Artistas: Acisclo Manzano, Alex Vázquez, Alfonso Costa, Alfonso Da Silva, Alicia Romarc, Amelia Palacios, Anton Patiño, Antón Sobral, Anxeles Iglesias, Basilisa Fiestras, Carlos González Villar, Carmen Hermo, Carmen Llonín, Carmen Pernas, Clara Salamanca, Detlef Kappeler, Enrique Tenreiro, Enrique Velasco Vieitez, Eva Romero, Fernando Lafuente, Francisco Leiro, Francisco Pazos Martínez, Isabel Alonso, Jorge Valenciano, José García Albeos, Jose Luis Veiras Manteiga, José María Barreiro, Juan José Lomarti, Maica Alonso, Manolo Dimas, Manolo Figueiras, Manolo Ruibal, Manuel Chapela, Manuel Moldes, María Casal, María Piensos, Maribel Longueira, Mery Pais, Miguel Lubiáns, Miguel Pereira, Miguel Villanueva, Morquecho, Nilo Arias, Oro Claro, Paloma Barreiro, Paula Cabaleiro, Paula Mariño, Paula Noya, Paz Vicente, Pedro Ávila Durán, Pepe Cáccamo, Rafael Romero Masiá, Ramón Conde, Raquel Blanco, Renata Otero, Rocío Osorio, Rosa Neutro, Silverio Rivas, Soledad Pite Sanjurjo, Teresa Búa, Tino Canicoba, Tino Poza, Xaquín Chaves, Xesús Franco, Xosé Cid Menor, Xulio Gil, Xurxo Lobato.
Exposición. 21 may de 2025 - 22 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España