Inicio » Agenda de Arte

Virxilio Vieitez

Exposición / Museo de Pontevedra - Edificio Fernández López / Rúa Pasantería, 10-12 / Pontevedra, España
Ver mapa


Cuándo:
10 dic de 2015 - 07 feb de 2016

Inauguración:
10 dic de 2015

Precio:
Entrada gratuita

Organizada por:
Museo de Pontevedra

Artistas participantes:
Virxilio Vieitez

       


Descripción de la Exposición

As salas de exposicións temporais do Sexto Edificio acollerán, desde o 10 de decembro deste ano ata o 7 de febreiro de 2016, a exposición Virxilio Vieitez, na que se reúnen ao redor de 120 obras do fotógrafo grazas á retrospectiva coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e Fundación Telefónica, que remata a súa itinerancia no Museo de Pontevedra. O arquivo de Virxilio Vieitez conforma un importante patrimonio cultural conservado en Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra), o pobo onde o fotógrafo naceu en 1930, onde morreu en 2008 e onde traballou case toda a súa vida. A súa filla, Keta Vieitez, foi a primeira en comprender o incalculable valor histórico e artístico do material fotográfico do seu pai, que expuxo por primeira vez nunha mostra autoproducida e presentada en 1997 nun espazo improvisado de Soutelo. O estudo realizado nesta ocasión, grazas ó MARCO e á Fundación Telefónica, tivo en conta a práctica totalidade dos negativos que van de 1953 a 1980. Analizáronse máis de 50.000 e recuperouse material inédito. Virxilio Vieitez sempre realizou as súas fotografías por encargo, percorrendo Terra de Montes ó longo e ó ancho para fotografar ós seus clientes a domicilio. A súa obra reúne todas as características do fotógrafo rural que documentaba acontecementos e momentos vitais das persoas e familias da súa contorna -desde bautizos ata vodas, primeiras comuñóns ou funerais- pero, a diferenza doutros, tiña un talento especial para conferir solemnidade a cada un dos retratos que realizaba. O seu estilo era inconfundible. Posuía unha capacidade e unha intuición extraordinarias á hora de expor a posta en escena, na que incluía obxectos e suxería poses que ás veces rozaban o surrealismo pero que, a pesar diso, convertíanse logo en fragmentos de verdade, fortemente enlazados coa contorna. O seu papel de fotógrafo de pobo naqueles tempos -de finais dos anos cincuenta ós setenta- gozaba de gran prestixio e encaixaba perfectamente no carácter dun personaxe especial como Vieitez: intelixente, rápido, competente, instintivo e consciente das súas facultades. Daba ordes ós seus modelos cunha firmeza que non admitía discusión e cunha lucidez que garantía o resultado. "Eu estudaba a papeleta e, cando apertaba o disparador, iso era o tiro seguro". Virxilio Vieitez non desperdiciaba un disparo, era un profesional máis que fiable, unha aposta segura para os seus paisanos da provincia de Pontevedra. Dos primeiros retratos de estudo -segundo ditaban os costumes da época- ós que ambientaba ó aire libre, os seus preferidos; das reportaxes de cerimonias ás fotos de tamaño carné para o DNI -unha sucesión interminable de rostros, inmortalizados durante os anos en que se fixo obrigatorio o carné de identidade- e ata os retratos para enviar ós moitos familiares emigrados: Vieitez rexistraba todo iso conferindo un carácter hierático a cada pose, e o conxunto das súas imaxes ofrece hoxe un excelente testemuño etnográfico, que se converte en memoria dun pobo e dunha época.


Entrada actualizada el el 17 dic de 2015

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Exposición. 14 may de 2025 - 08 sep de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Néstor Reencontrado

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

Programa de Gestión Integral de Museos

Ver cursos propuestos en España