Exposición en A Coruña, España

Té con madalenas

Dónde:
Normal - Espazo de Intervención Cultural UDC / Universidade da Coruña. Paseo de Ronda, 47 / A Coruña, España
Cuándo:
03 jun de 2013 - 19 jul de 2013
Inauguración:
03 jun de 2013
Comisariada por:
Descripción de la Exposición
La exposición quiere mostrar el trabajo de los artistas y de la creación cultural de un modo colectivo, totalmente abierto y gratuito. Artistas: Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Bello, Lula Goce, Jorge Perianes, Laura Piñeiro y Neves Seara.

-------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------

NORMAL convídate a un té con madalenas. Nun camiño de ida e volta excepcional, TÉ CON MADALENAS descobre a intimidade do artista á vez que revela as evocacións, sensacións e lembranzas propias do visitante.

 

Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Bello, Lula Goce, Jorge Perianes, Laura Piñeiro e Neves Seara son os oito artistas que protagonizan a exposición work-in-progress TÉ CON MADALENAS. Un proxecto artístico que pretende mostrar o ser e o crear das oito persoas que o conforman e que desenvolverán, ao longo de tres meses e especificamente para NORMAL, oito proxectos polifacéticos (instalacións, ... obradoiros, workshops, performance, proxectos de colaboración cidadá) nos que nos falarán, dende unha nudez biográfica sen precedentes, deles mesmos e dos tempos, espazos e memorias que os constrúen.

 

Mais TÉ CON MADALENAS non fala de retratismo convencional. A esencia do que define a esta selección de artistas non se atopa en grandes óleos, nin en impoñentes medios. Para eles, o esencial agóchase invisible tras os obxectos aparentemente máis insignificantes (un botón, un anaco de papel) ou intanxibles (unha lembranza, unha mirada, a aura dunha persoa doutra época). O espectador descubrirá as súas esencias a través de moi diversos elementos do cotián: do que nos transmite unha escada de man, do que se oculta tras unha cadeira baleira, ou dunha prenda desgastada.

 

Con todo, o máis importante deste recoñecemento íntimo é que será un camiño de ida e volta. Do mesmo xeito que o narrado por Marcel Proust, o noso TÉ CON MADALENAS quere ser responsable do espertar evocador dos sentidos e, por iso, e para facer visible aquelo que tampouco o é habitualmente no ámbito artístico, este proxecto work-in-progress é tamén unha invitación aberta a todos os visitantes e veciños de NORMAL, que agardamos participen e creen connosco a través das moi diversas actividades gratuítas que os artistas desenvolverán nos próximos meses.

 

 

8 ARTISTAS EN EXPOSICIÓN

 

BEGOÑA ANTE (Vigo, 1984)

MEMORIA

Reside e traballa en Vigo. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Arte, Crítica e Museoloxía Contemporáneas pola USC, Begoña é co-fundadora da Asociación Cultural [sen marco] e especialista en educación artística, fotografía e deseño.

No seu proxecto para TÉ CON MADALENAS traballará coa fotografía e a palabra en torno á idea dos espazos que nos representan e que recreamos na memoria, en colaboración cos alumnos da Universidade Sénior.

 

PAULA CABALEIRO (Cangas do Morrazo, 1986)

NIÑO DE ERROS

Reside e traballa entre Cangas e Santiago de Compostela. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Arte, Crítica e Museoloxía Contemporáneas pola USC, está especializada en feminismo e moda. Dende o ano 2011 é tamén codirectora da galería de arte A.dFuga.

En NORMAL traballará coa vestimenta e a costura en torno á capacidade da indumentaria para representarnos, en colaboración cun colectivo de nais.

 

CAROLINA CRUZ GUIMAREY (A Coruña, 1981)

AS QUE HABITAN A MEMORIA

Reside e traballa na Coruña. É licenciada en Publicidade e RR.PP pola Universidade de Vigo e Máster en Produción Artística pola Universidade Politécnica de Valencia, onde está tamén cursando o seu doutoramento. A súa obra artística constrúese dende a fraxilidade a partir de materiais atopados, cotiáns ou naturais.

Durante unha residencia artística traballará a partir dunha serie de antigas fotografías de ámbito privado que, transferidas a diversos materiais e convertidas en instalación, pretenden facer visible o patrimonio humano da cidade, en directa colaboración coa propia cidadanía.

 

CHRISTIAN GARCÍA BELLO (A Coruña, 1986)

ATALAIA (PENA BRANCA)

Reside e traballa entre A Coruña e Vigo. Licenciado en Belas Artes e Máster en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo, a súa obra artística xira ao redor da idea da paisaxe, a ruína e o sentimento de nostalxia.

A súa obra para TÉ CON MADALENAS parte dunha investigación documental sobre un espazo moi concreto, en colaboración con varios estudantes de Arquitectura, a cidadanía e o propio contexto social do lugar establecido, para crear unha instalación final en torno á idea da paisaxe como proceso de construción persoal.

 

LULA GOCE (Baiona, 1976)

BOSQUE, GRAMÁTICA DO EFÉMERO

Reside e traballa en Santiago de Compostela. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, completa a súa formación artística na Universidade de Barcelona, onde realiza o seu doctorado en Belas Artes e o Máster Europeo Producións artísticas e investigación. A súa obra sitúase nos lindeiros do debuxo, a instalación e a intervención, e defínese pola economía de medios e os temas intimistas.

Lula Goce traballará con materiais tan cotiáns como o papel ou aparellos de pesca, en torno á idea da paisaxe mariña como representación da nosa propia simbiose entre fraxilidade e brutalidade, en colaboración con diversos colectivos contactados previamente.

 

JORGE PERIANES (Ourense, 1974)

HISTORIAS CUNHA ESCALEIRA

Reside e traballa en Vigo. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, a súa obra destácase pola creación de poéticas e detalladas escenografías, nas que adoitan estar sempre presentes un certo pesimismo existencial co que se combate e o xogo de contrarios.

En NORMAL traballará cun medio plástico reciclado (escadas de madeira) en torno aos conceptos de realidade e a súa reinterpretación, en colaboración cun grupo activo de voluntarios.

 

LAURA PIÑEIRO (Pontedeume, 1984)

ODA Á LONGÁNIME MIRADA

Reside e traballa en A Coruña. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Laura é investigadora no campo da escultura contemporánea. A súa obra artística remítenos ao cotián e íntimo mundo do fogar desde unha perspectiva sobria e feminina.

No seu proxecto para TÉ CON MADALENAS traballará coa costura e o patchwork en torno á idea do quefacer artístico e os procesos como medio de procura persoal, en colaboración con diversos colectivos contactados previamente.

 

NEVES SEARA (Ourense, 1983)

AS CADEIRAS DA AVOA ESPERANZA

Reside e traballa en Santiago de Compostela. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Europea de Madrid, é especialista en escenografía e museografía. Actualmente compaxina a súa actividade artística coa docencia en artes plásticas no seu propio centro de arte (Aire: escola e obradoiro de arte).

No seu proxecto As cadeiras da avoa Esperanza traballará coa escritura e a performance en torno á capacidade dos obxectos para representar as nosas esencias e ausencias, en colaboración con calquera habitante ou visitante de NORMAL que desexe participar.

 

 

 
Imágenes de la Exposición
Neves Seara, As Cadeiras da Avoa Esperanza

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
16 abr de 2024 - 19 may de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones